Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reclamación ao goberno local

Os socialistas urxen melloras nos xardíns do CEIP das Fontiñas

A concelleira Marta Abal insta o executivo de Sanmartín a actuar "nun tempo prudente" para resolver a situación

A concelleira socialista Marta Abal durante un pleno

A concelleira socialista Marta Abal durante un pleno / cedida

Santiago

A concelleira do grupo municipal socialista Marta Abal reclamou no último pleno a mellora das zonas axardinadas do CEIP das Fontiñas, un espazo que presenta “un deterioro evidente” e que require actuacións por parte do Goberno municipal.

Abal explicou que se trata dunha zona exterior que, debido ás chuvias, “se converte nunha lameira boa parte do ano”, o que limita o seu uso habitual e xera tamén problemas nos accesos ao centro educativo.

A concelleira socialista advertiu de que esta situación impide aproveitar adecuadamente un espazo que podería destinarse ao lecer do alumnado, pero que na actualidade “non reúne as condicións necesarias”.

Neste sentido, trasladou unha proposta concreta para resolver o problema, baseada en acondicionar a zona e crear terrazas ou socalcos que permitan “gañar un espazo útil, seguro e digno para os nenos e nenas”.

“Falamos dunha actuación sinxela que melloraría de maneira clara o día a día do alumnado e do conxunto da comunidade educativa”, subliñou.

Abal instou ao goberno municipal a atender esta demanda e a actuar “nun prazo prudente de tempo”, xa que considera que “non é de recibo que un espazo educativo estea nestas condicións”.

Por último, a concelleira socialista advertiu de que o PSdeG manterase “vixiante” para que esta mellora se leve a cabo e para que o Concello dea resposta a unha necesidade evidente.

Tracking Pixel Contents