Contratos
Adxudicada a redacción do proxecto para o parque de bombeiros
Raxoi licita tamén a rehabilitación do Centro sociocultural José Saramago de Vite

O novo parque de bombeiros situarase na área de Boisaca-Pulleira / Antonio Hernández

Por un importe de 174.450 euros, «por ser a mellor oferta económica», o Concello de Santiago adxudicou a Jorge Barata Martínez a redacción do proxecto e dirección facultativa para o novo parque de bombeiros que se construirá na Avenida do Cruceiro da Coruña (na área Boisaca-Pulleira), e que non se prevé que este operativo antes de dous anos.
A resolución fíxoa pública en rolda de prensa a voceira do goberno local, Míriam Louzao, que anunciou tamén que a xunta de goberno resolveu adxudicarlle a Cíes Obra Civil o contrato de rehabilitación para o Centro sociocultural (CSC) José Saramago de Vite.
Louzao explicou que do que se trata é de actuar nas fachadas do edificio, que están afectadas por filtracións de humidade, e tamén de abrir unha saída de emerxencia que, ao tempo, vai permitir aumentar a capacidade do auditorio a 330 persoas.
Cíes Obra Civil disporá para as obras dun orzamento de 252.352 euros e un prazo de execución de 3 meses.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle