Cun orzamento de máis de 3,6 millóns
Os centros de Infantil e Primaria do Concello contarán ao fin cun novo servizo de limpeza e conserxaría
A adxudicataria do contrato, que chega até 2028 e inclúe tamén os pavillóns deportivos, é Lacera Servicios y Mantenimiento

Os colexios de Infantil e Primaria do Concello renovan o servizo de limpeza / Jesús Prieto

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, deu conta este luns dos asuntos tratados en xunta de goberno, entre os que destacou, como titular do departamento a adxudicación do contrato de servizo de conserxaría e limpeza nos centros educativos (Lote 1)e nos pavillóns deportivos (Lote 2) dependentes do Concello.
O monto de ambos os lotes supera os 3,6 millóns de aquí a 2028, correspondendo 2.718.052 euros (IVE incluído) aos colexios e 900.421 euros aos pavillóns, que até o de agora só contaban con servizo de conserxaría e era ese persoal o que asumía a limpeza.
Lacera Servicios y Mantenimiento foi a empresa adxudicataria dos dous lotes por un prazo de dous anos e deberá atender un total de 14 centros de Infantil e Primaria e sete pavillóns, poñendo ao día un servizo cuxo anterior contrato se concedeu en 2012 e se asinou en 2014.
Dende entón a edil explicou que se continuara coa prestanción por medio de ordes de continuidade (a última de 2022), mentres se incrementaban o número de instalacións e, por tanto, "ofrecendo un servizo en precario".
Louzao non deixou de amosar a súa satisfacción por esta adxudicación na que entre outras cousas se inclúe o abastecemento de xabón ou papel hixiénico, cuxa falta provocou neste tempo "numerosas incidencias" e que foi obxecto da crítica dos centros e dos grupos da oposición ao goberno local.
Ampliar horarios e coidar o social
Por primeira vez o contrato dividiuse en dous lotes "precisamente con obxectivo de mellorar a organización do servizo e a calidade da prestación, para atender corretamente as necesidades actuais". Unhas necesidades para as que o novo contrato incrementa as horas de servizo.
O custo anual do servizo é, indicou Míriam Louzao, na actualidade "de algo máis de 1.089.237 euros e coa nova licitación ímonos a 2.313.000", prezo máximo autorizado polos orzamentos do Concello, o que permitirá "atender imprevistos que poidan xurdir sen a necesidade de recorrer a unha modificación do contrato”, explicou a portavoz municipal.
Con este investimento, o Concello aumentará "notablemente" as horas de limpeza nos centros educativos, pasando de 24.792 ao ano a 40.613 "e ofrecendo un mellor servizo". Isto inclúe limpeza durante o horario lectivo en todos os centros, limpezas en profundidade nos períodos de vacacións, "unha bolsa de horas ampla para atender imprevistos e tamén a incorporación un condutor-limpador máis para poder atender mellor necesidades como as limpezas de cristais".
Tamén se engade o servizo de limpeza nos pavillóns deportivos que ata o de agora non existía e inclúense case 10.000 horas ao ano de persoal de limpeza nos pavillóns. En canto a conserxería, "aumentan case 1.000 horas nos centros educativos e case 3.000 nos pavillóns".
A responsable de Educación explicou que o contrato contén tamén a utilización de produtos de limpeza ecolóxicos e tamén medidas de contido social "como contratar persoas desempregadas". "E finalmente tamén se mellora moito na proposta de organización dos servizos, a empresa, unha vez asinado o contrato, debe presentar un programa por cada centro".
Unha proposta organizativa, logo de diagnosticar o estado actual de cada colexio, que implica a creación "dunha aplicación informática específica que será a principal ferramenta de rexistro de incidencias coa dirección dos centros", aclarou a voceira do goberno.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año