Sostibilidade e regulación de fluxos
A sinalización intelixente para os visitantes estará operativa este verán
A concelleira Míriam Louzao proporá ao Arcebispado que inclúan na pp de Turismo información sobre a situación das colas de acceso á Catedral

As colas que se forman para entrar á Catedral mestúranse con transeúntes e turistas nas terrazas / Antonio Hernández

A concelleira responsable de Turismo, Míriam Louzao, respondeu este luns a preguntas da prensa no relativo ás previsións de visitas á cidade durante a Semana Santa e a regulación dos fluxos no arredor da Catedral e aproveitou para dar conta de que no verán estará operativa a sinaléctica intelixente do Plan de Turismo Sostible.
Unha sinaléctica que se situará no traxecto da intermodal á Auditorio de Galicia cruzando a zona vella e que vai contar con 10 columnas informativas táctiles, 14 sinais direccionais, 24 tótems interpretativos, catro 4 tótems de benvida e 4 mesas informativas. Cada unha destas sinalizacións enviará distintos tipos de información ao usuario que descargue unha aplicación específica.
Coa posta en marcha, «nos próximos meses», desta sinalización a edil anunciou que propoñerá no Arcebispado de Santiago que se inclúa nesta aplicación municipal algún tipo de información en relación coas colas que se crean nosa arredores da Catedral e co obxectivo de procurar regular os fluxos de persoas.
Louzao asegura que Concello e Arcebispado comparten «a preocupación» pola gran cantidade de persoas que se concentran na entrada da basílica e por iso se achegará a proposta de «utilizar a nova app». Trataríase segundo explicou a concelleira Louzao de crear un sistema semellante ao que xa existe para recoller a 'compostela'.
«Se non é posible establecer un tempo para entrar na Catedral», a proposta do goberno local é que «se trate de indicar o número de persoas que hai na cola», tamén co obxectivo de que «esas persoas, en vez de estaren horas agardando, poidan estar camiñando pola cidade, tomando algo ou mercando no comercio local». Con todo, na xuntanza mantida co Arcebispado o ano pasado, tomouse a decisión de que formase parte da regulación dos fluxos no arredor da Catedral a Xunta, a través de Turismo de Galicia, para «abordar a cuestión de maneira conxunta» entre os tres organismos.
Unha reunión que a día de hoxe non se chegou a producir, polo que a concelleira Míriam Louzao reprochou unha vez máis ao director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que non aceptase aínda unha solicitude de xuntanza realizada ao inicio da lexislatura. «Seguimos sen ter éxito nese sentido, polo que intentaremos poñelo en marcha dende o Concello e da man do Arcebispado».
Semana Santa e taxa turística
Sobre as previsión do Concello e do sector do turismo para esta Semana Santa, a concelleira Míriam Louzao lembrou que Compostela «non dispón dunha ferramenta para ver as previsións» pero que do diálogo coa hostalaría se extraen unhas cifras previstas moi semellantes ás do ano pasado. «Que seguramente se superarán porque esta vez agora bo tempo», apuntou a edil, lembrando as choivas de anos pasados.
Sobre a recadación da taxa turística, a concelleira de Turismo defendeu que polo que se está a comprobar dende a súa implantación en outubro «non houbo especiais incidencias, estase a recadar o imposto con total normalidade, e contamos que siga así».
Suscríbete para seguir leyendo
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle