Servizos no rural
Busto valora o plan de Raxoi para que o bus urbano chegue á parroquia: "Pinta ben, pero queda traballo"
O Concello reuniuse cos veciños da parroquia para expoñer a súa proposta
A ruta quedará definida cando se adxudique o contrato

Xuntanza de Sanmartín e Domínguez cos veciños de Busto / Cedida

A veciñanza de Busto escoitou de primeira man esta semana a proposta do Concello de Santiago para facer chegar o transporte urbano á parroquia unha vez sexa adxudicado o novo contrato, despois de que Goretti Sanmartín se comprometera públicamente a que non quedarían sen servizo pese a que inicialmente lles comunicaran que estaban excluídos. A declaración da alcaldesa, ademais, motivou que aprazaran a solicitude de segregarse de Santiago e unirse a Trazo nunha asemblea.
O pasado luns a alcaldesa e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, celebraron unha xuntanza coa Asociación de Veciños Campo das Escolas na que lles trasladaron unha proposta de ruta do transporte urbano. O presidente da entidade, José Antonio Montaos, valora que «pinta ben», pero cre que «aínda queda traballo que facer para ter unha ruta en condicións para todos, non únicamente para nós», referíndose tamén a outras parroquias do rural compostelán.
Proposta con «erros»
Montaos explicou que a proposta achegada «non é correcta», xa que «tiña incluso erros na toponimia porque estaba sacada do Google Maps, un traballo deficiente para vir dun técnico». Pese a isto, afirma que «imos confiar» no plan exposto por Raxoi, que implica «definir esa ruta de maneira que cubra a maior cantidade de xente utilizando os menos quilómetros posibles cando saia o contrato».
Desta maneira, a chegada do transporte urbano quedará establecida cando remate o proceso de licitación. O presidente veciñal agarda que non se produzan situacións que poidan demorar o procedemento e insiste en que este voto de confianza «non quita que aínda a día de hoxe non se nos teñan explicado os motivos reais da exclusión da nosa parroquia». Por iso, insiste en solicitar a dimisión do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e o cese do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.
Outros servizos básicos
Na xuntanza tratáronse outras cuestións básicas de melllora como asfaltados, sinalización ou saneamento de augas, pero Montaos indica que «non hai ningún compromiso concreto de investimentos».
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año