Paseo guiado
A música dos órganos ausentes
O roteiro ‘Música silente’, organizado por ‘De lugares e órganos’, permitiu viaxar ao pasado dos templos extramuros que contaban con este instrumento

O paseo 'Música silente' rematou cun concerto de música medieval na Colexiata de Sar / Antonio Hernández

O centro da cidade histórica é sen dúbida a Catedral, flanqueada por San Martiño Pinario e San Paio de Antealtares, pero tamén se construíron mosteiros extramuros. Aí están, na entrada norte os conventos de Santa Clara e do Carme, escenario de concertos desta edición de De lugares e órganos, pero tamén o Convento de Belvís ou Santa María de Conxo, e os catro conservan os seus órganos.
Pero o paseo Música silente: os órganos de Compostela de fóra, que este martes partiu ás 11 da Praza de Mazarelos, centrouse neses outros mosteiros nos que houbo e xa non –a igrexa de San Pedro e a Colexiata de Sar– e tamén en recuperar a memoria daqueles que foron os primeiros, coma o de Santa María a Nova, do que hoxe queda a igrexa da Universidade.
O profesor de música Andrés Díaz Pazos foi o guía deste paseo histórico e musical que partiu, precisamente de Mazarelos, para lembrar os tempos nos que naquel lugar estaba o convento de Santa María a Nova e aquel primeiro órgano que precedeu o actual.
Dende alí, os arredor de 60 participantes descubriron anécdotas dalgún dos organistas da cidade, coma a de Pedro de la Viña, ao que un compostelán disparou en dúas ocasións «de noite e polas costas» e sen fortuna en vinganza polo litixio que mantiña con Manuel de la Viña, organista da Catedral. Díaz lembrou aí a importancia dos organistas, pola súa influencia e nivel de vida.
A historia narrouse na Porta do Camiño, e a seguinte parada foi a igrexa de San Pedro, antes mosteiro –San Pedro de Fóra– que previo a pasar a depender de San Martiño Pinario, «é moi probable que contase con órgano». Unha vez desaparecido o mosteiro, queda a igrexa, con tres naves, e as marcas de que as casas desa zona pertencían a San Martiño.
E logo de aí, un paseo polo parque de Belvís, para lembrar que o órgano do convento está pendente de restauración e descubrir a importancia da música na cidade, ao pé do centro de interpretación de parques, antigo curtidoiro propiedade de dous irmáns italianos que tocaban a trompa, de aí o nome da rúa próxima.
A meta foi a Colexiata de Sar, onde si houbo órgano aínda que xa non se conserva. Mais a música si soou no templo de Santa María a Real, como punto final do paseo Música silente. Oito pezas mediavais agasallaron os oídos dos asistentes levándoos nunha viaxe espiritual ao pasado con frautas, guitarra barroca e un organetto, que tocaba a directora de De lugares e órganos, Belén Bermejo.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco