Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARQUITECTURA

David Chipperfield e Xerardo Estévez, en Casa RIA

O premiado arquitecto, o ex alcalde e o director do Design Museum de Londres, Tim Marlow, parte do elenco de participantes da conversas deste espazo cultural centrado na arquitectura

El conselleiro José González y el arquitecto David Chipperfield, en Casa RIA.

El conselleiro José González y el arquitecto David Chipperfield, en Casa RIA. / Jesús Prieto

Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Casa RIA, espazo cultural da Virxe da Cerca, presenta para o mes de abril en Santiago un calendario de actividades que reúne conversas centradas na arquitectura. Entre as citas destacadas, está o segundo encontro do ciclo Deseño en conversa, que terá lugar o 9 de abril ás 18:30 h en Casa RIA.

Coloquios con Chipperfield

Nesa proposta, o multipremiado arquitecto David Chipperfield (británico con casa en Galicia) dialogará con Maite Sebastiá, Tim Marlow, Edward Barber e Alice Rawsthorn, arredor das distintas dimensións do deseño. Tras unha primeira conversa, protagonizada por Maite Sebastiá e centrada na relación entre deseño, gastronomía e territorio, chegará a participación de Tim Marlow, director do Design Museum de Londres. E Edward Barber, arquitecto e fundador do estudio Barber & Osgerby, falará xa o 13 de maio (18:30 h.) e Alice Rawsthorn, crítica de deseño e autora galardoada, o vindeiro 3 de xuño (18:30 horas).

Ex alcalde y visitas

E o 17 de abril ás 10:00 h., Casa RIA acollerá unha conferencia impartida polos arquitectos Xerardo Estévez (ex alcalde de Santiago) e Alfonso Salgado.

E Casa RIA fai visitas guiadas da mostra Deseño para vivir: material, proceso e obxectos cotiáns, os sábados 11 e 25 de abril, ás 11:00 h ou ás 13:00 h.

Todas estas actividades son de balde, e requiren inscrición previa mediante o envío dunha mensaxe ao enderezo electrónico eventos@casaria.org.

Tracking Pixel Contents