Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Otero Pedrayo centra o programa do Museo do Pobo en abril

Un documental dirixido por María José Bravo Bosch e un roteiro da man de Patricia Arias Chachero, parte da axenda dun mes onde tamén se recollen citas protagonizadas pola bailadora, pandeireteira e investigadora Montserrat Rivera, o profesor Manuel Gago e o antropólogo Rafael Quintiá Pereira

César Fernández Gil, María José Bravo Bosch e María Pilar Núñez.

César Fernández Gil, María José Bravo Bosch e María Pilar Núñez. / Fundación Ramón Otero Pedrayo

Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

O escritor e político galego Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888- 1976) centra en Santiago parte do programa de abril do Museo do Pobo Galego. No marco do chamado Abril Oteriano, ata o 30 deste mes poderá verse unha mostra que recompila diversas edicións da Guía de Galicia, obra estreada en 1926 «e destinada a acompañar o lector nunha viaxe pola xeografía, a paisaxe, a historia e a cultura do país», sinalan desde o museo.

Traballo de María José Bravo Bosch

E o xoves 16 de abril, ás 19 horas, o auditorio acolle a presentación dun documental dirixido por María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo, que aborda a conexión de Otero Pedrayo co territorio galego, traballo que xa foi ollado hai tres semanas no Museo Etnolóxico de Ribadavia, cita que contou con César Fernández Gil, alcalde de Ribadavia; e María Pilar Núñez Sánchez, directora dese museo.

E o sábado 25 de abril, vai facerse un roteiro polos espazos vitais e literarios de Otero Pedrayo e Vicente Risco en Santiago, da man de Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Ramón Otero Pedrayo. A proposta, está organizada polo CAFI e a Fundación Otero Pedrayo coa colaboración da Xunta de Galicia. A ruta rematará cunha conferencia do xornalista e profesor e Manuel Gago.

Montse Rivera

Máis alá do eido oteriano, o venres 10 de abril, ás 18 horas, o museo fai un obradoiro conducido pola bailadora, pandeireteira e investigadora Montserrat Rivera e dirixido a crianzas de 5 a 11 anos acompañadas de persoas adulta.

A Voltas co Baile

E o sábado 11 de abril (10.30 h.) no Museo do Pobo, nova edición de A Voltas co Baile con motivo da celebración do mes da danza e enmarcada na exposición temporal MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II. Na xornada afondarase nas manifestacións dancísticas arredor das máscaras galegas, con Rafael Quintiá Pereira. E falará dás de Canarias, José Policarpo Martín Cruz. E o 30 de abril, faise a conversa A festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia, ás 19 horas, con Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez.

Tracking Pixel Contents