Fake news
A USC estuda a detección de artigos científicos fraudulentos a través da IA
A revista ‘British Medical Journal’ publica un artigo editorial asinado polos profesores Alberto Ruano Raviña e Cristina Candal Pedreira sobre o tema

Os profesores da USC Alberto Ruano e Cristina Candal / cedida
Os paper mills –fábricas de artigos– «son unha ameaza crecente para a credibilidade científica». «Milleiros de investigadores acudiron aos servizos destas empresas fraudulentas para comprar a autoría de artigos en revistas indesexadas e estímase que un número moi alto seguen sen detectarse».
Estes datos son parte da peza editorial asinada polos profesores Alberto Ruano e Cristina Candal sobre o emprego da IA –intelixencia artificial– para detectar artigos científicos fraudulentos, e que agora se publica na British Medical Journal, unha das revistas máis prestixiosas no ámbito biomédico.
Os profesores da USC Alberto Ruano e Cristina Candal reflexionan nun texto editorial titulado AI for detecting paper mill papers –IA para detectar fábricas de artigos–, sobre a posible detección destes artigos fraudulentos a través de técnicas de intelixencia artificial. Esta peza editorial continúa unha serie de publicacións destes investigadores arredor desta materia.
«As fábricas de artigos científicos representan unha ameaza sistémica para a integridade da investigación, contaminando a evidencia, influíndo nas citas e afectando potencialmente a toma de decisións clínicas», explican. De acordo cos autores, «estas fábricas son empresas que xeran manuscritos deseñados para parecer artigos científicos lexítimos, recorrendo frecuentemente a datos e imaxes fabricados, manipulados ou duplicados. A autoría destes manuscritos véndese a autores e envíanse a revistas científicas».
Identificalos, todo un desafío
Os principais medios de comunicación e as revistas científicas líderes informan cada vez máis sobre a magnitude do problema e as súas implicacións para a confianza na ciencia. Con todo, a detección de artigos procedentes de fábricas de artigos científicos é un desafío.
Os autores do traballo sinalan que estes artigos están «dispersos en diversas revistas e xeralmente examínanse individualmente; a avaliación da investigación publicada por lectores e expertos independentes fóra do proceso formal de revisión depende dun número relativamente pequeno de investigadores especializados; en terceiro lugar, algunhas revistas poden carecer de recursos para recoñecer a contaminación; e moitos investigadores seguen sen ser conscientes deste problema».
Os autores indican que, alén da necesidade de desenvolver novas técnicas de detección de artigos fraudulentos, é necesaria unha maior implicación das institucións financiadoras de investigación e dos organismos científicos, na prevención e educación dos investigadores, e sanción cando corresponda, ante prácticas científicas pouco éticas.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España