Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sostibilidade

Nace o Premio Lucía Iglesias de Educación Ambiental

Pódese concursar ata o 15 de maio e o premio está dotado con 1.500 euros

O premio dedícase á memoria da profesora Lucía Iglesias da Cunha

O premio dedícase á memoria da profesora Lucía Iglesias da Cunha / cedida

Santiago

O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-Interea), en colaboración coa Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social, convoca o I Premio Lucía Iglesias da Cunha, co obxectivo de recoñecer e difundir traballos de calidade no ámbito da Educación Ambiental e para a sustentabilidade.

Tendo en conta as contribucións da profesora de Educación Ambiental da USC á investigación e á praxe pedagóxica no seu campo en relación coa crise socioambiental, a finalidade do premio é recoñecer e fomentar a difusión de traballos pedagóxicos que contribúan a afondar nestes fundamentos. O prazo para remitir artigos remata o 15 de maio. O premio ten unha dotación de 1.500 euros.

Poden concorrer a el todos aqueles artigos vinculados ao campo da Educación Ambiental que foran publicados en galego, castelán, éuscaro, catalán ou portugués, en revistas científicas editadas en acceso aberto no transcurso do ano 2025, ben de autoría única ou ben de multiautoría.

Tracking Pixel Contents