Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Comunidade universitaria

Reciclados máis de mil envases en 2026 nas máquinas de Ecoembes

En ‘Reciclos’ a recompensa por reciclar pasa este ano a ser colectiva para o conxunto da USC

Imaxe de arquivo dunha máquina Reciclos da USC

Imaxe de arquivo dunha máquina Reciclos da USC / Santi Alvite

Santiago

A USC informa de que o número de pezas recicladas pola comunidade universitaria no que vai de 2026, entre latas de aluminio e botellas de plástico, xa supera a barreira dos 1.000 envases. Unha cifra que se engade aos máis de 33.000 que xa se reciclaran dende a implantación das máquinas Reciclos de Ecoembes (en 2022).

Dende comezos de ano, o programa Reciclos entrou nunha nova fase para adaptarse aos cambios que afectan o sistema de devolución e recompensa. Agora, as recompensas ás que se accede por reciclar un envase pasan a ser colectivas para o conxunto da USC, ao basearse nun programa de bonos de carbono.

«Reciclar permitiranos reforestar e compensar a pegada de carbono para mitigar os efectos do cambio climático», destaca o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa.

«Controlar os xacementos para a extracción de minerais é unha das forzas motrices do momento xeopolítico que vivimos», destaca Feijoo, polo que «a implantación dunha verdadeira economía circular dos metais é un eixo prioritario ao tratarse de materiais que durante a reciclaxe manteñen intactas as súas propiedades fisicoquímicas».

Tracking Pixel Contents