Música
Tradición e vangarda na ‘Primavera Cultural’ da USC
O III Certame de grupos musicais é o día 8 de abril, ás 21 horas, na igrexa da Universidade

Imaxe de arquivo dun concerto de Kid Mount na USC / Santi Alvite
A Primavera Cultural da USC regresa para confluír tradición e vangarda. O talento musical emerxente dáse cita o 8 de abril na final no III Certame de grupos musicais da USC –na igrexa da Universidade ás 21 horas– con Xalundes, Malezza e Fuego Lolita.
O 9 de abril é a quenda do Curso de Primavera, na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo; do concerto de Kid Mount + ünder & Diego Flâneur na Praza de Santa María; e da quinta edición do Tradi-Fest, no Xardín das pedras que falan en Compostela.
‘Anatomía dos festivais galegos’ é o curso deste ano, que está coordinado pola profesora Montserrat Dopico e o estudantado de terceiro do Grao en Xestión Cultural. O curso impartirase na Facultade de Humanidades o 9 de abril.
Kid Mount + ünder & Diego Flâneur
Tamén, ás 20.15 horas, Kid Mount, xunto con ünder & Diego flâneur, actuará, no ciclo ‘Lubicán', na Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas trasladarase ao Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo. Previamente, ás 12.30 horas, haberá un encontro con Diego Flâneur na Casa do Saber, que require previa inscrición en cultura.lugo@usc.gal
Tradi-Fest
A USC celebra tamén o seu quinto Tradi-Fest para favorecer o diálogo cultural entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e de danza tradicional.
O programa está integrado pola Regueifa de Negreira de Vilamaior (Santa Comba), a Rumba de Bazar (Santa Comba), a Muiñeira de Silván (Coristanco), a Pandeiretada en Liñares, o Pateado da Noia (Xavestre, Trazo), Maneo de Silván (Coristanco), Foliada en Bembibre (xota e muiñeira) e Pasodobre da Peregrina. A asistencia ao festival é libre e de balde.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco