Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dúas mil horas máis ao ano

Monitores para nenos con necesidades especiais na ludoteca María Miramontes

A xunta de goberno extraordinaria licita un contrato que permite incrementar nun 50% as horas de traballo no espazo de lecer de Fontiñas

Espazo de lecer María Miramontes, no barrio de Fontiñas

Espazo de lecer María Miramontes, no barrio de Fontiñas / cedida

Santiago

A xunta de goberno extraordinaria celebrada o pasado mércores 31 de marzo aprobou a licitación dun contrato que vai permitir incrementar preto dun 50% as horas de traballo para os monitores do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes, en Fontiñas.

Co novo contrato, dotado con 442.327 euros por dous anos, a Concellería de Educación, que dirixe Míriam Louzao, reforza o cadro de persoal da ludoteca, aumentando o número de monitores e incorporando "perfís específicos para a atención nas nenas e nenos con necesidades educativas especiais".

Segundo informan dende Raxoi "haberá unha persoa monitora para atención a necesidades especiais durante todo o ano e incorporarase outra máis durante a actividade de conciliación Vacaludos".

O departamento de Educación reforza tamén a contratación de monitoras e monitores da ludoteca no seu conxunto, pasando das 5.315 horas anuais a 7.813 horas, o que supón 2.498 horas máis de monitores ao ano, un incremento do 47%. 

Máis recursos para o centro

Esta nova contratación vai implicar, segundo informa o goberno local, "máis recursos para o centro". A programación e as actividades "veranse melloradas grazas ao aumento de máis do dobre da partida para a realización de actividades extraordinarias, que pasa de 3.000 a 7.000 para custear festivais, exposicións, concertos ou saídas".

O espazo María Miramontes enfócase ao xogo e conta cunha programación pensada para favorecer a conciliación familiar e o desenvolvemento psicomotor, cognitivo, crítico, creativo e afectivo dos nenos e nenas. Todas as actividades e servizos que ofrece son de balde, incluíndo o programa Vacaludos que ofrece actividades para nenas e nenos de 3 a 12 anos durante os períodos non lectivos.

Tracking Pixel Contents