Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Clausura

Case 35.000 visitantes á mostra de Asorey no Museo Gaiás

Este domingo é o último día no que se pode visitar a exposición, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas

Unha das figuras que acolle a exposición coa obra de Asorey no Museo Gaiás

Unha das figuras que acolle a exposición coa obra de Asorey no Museo Gaiás / Antonio Hernández

Santiago

A exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria pecha as súas portas este domingo no Museo Centro Gaiás logo de ter recibido preto de 35.000 visitas. Inaugurada a finais do pasado mes de outubro, a mostra é a máis completa das realizadas ata o momento sobre a traxectoria do artista cambadés, figura fundamental na renovación da arte escultórica galega e española no século XX.

As reservas para as visitas comentadas á exposición desta semana están esgotadas, pero aínda é posible achegarse á Cidade da Cultura en horario de 10 a 20 horas para contemplar obras tan emblemáticas como O Tesouro, o Cristo de Moià ou o San Francisco que lle valera a Primeira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1926.

Comisariada por Miguel Fernández-Cid e coordinada pola neta do escultor, Carmen Asorey, a mostra reúne máis dun cento de pezas procedentes de museos, centros culturais e relixiosos, entre eles, o Museo Reina Sofía, o Museo de Pontevedra, o Museo Provincial de Lugo ou o Museo de Belas Artes da Coruña.

Esculturas, fotografías, escaiolas, debuxos, audiovisuais, documentos da época e ferramentas de traballo compoñen a mostra sobre a obra pública e a singular iconografía de Francisco Asorey que lle valeu o recoñecemento como «escultor nacional de Galicia».

Tracking Pixel Contents