Do 6 ao 10 de abril
Curtocircuíto arranca unha semana dedicada á formación
Celebra unha nova edición de Curtocircuíto Campus, con actividades dirixidas aos máis novos

Gala de clausura da pasada edición de Curtocircuíto / Aigi Boga
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto volverá celebrarse en verán na súa edición de 2026, que terá lugar entre o 30 de xuño e o 5 de xullo en Santiago. Como antesala da semana oficial, o festival acollerá unha nova edición de Curtocircuíto Campus, a súa liña dedicada á formación, á alfabetización audiovisual e á creación de novos públicos, que se desenvolverá dende o luns 6 ata o venres 10 de abril en sesións matinais no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia así como nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Ciencias da Educación.
Esta proposta reúne cada ano preto de dous mil estudantes arredor dunha programación que combina proxeccións, encontros e actividades pedagóxicas. Desde a organización sinalan que Curtocircuíto Campus «consolídase como un dos piares fundamentais do festival, estruturando a súa oferta en diferentes seccións dirixidas a públicos diversos», entre as que destacan Criaturas, orientada ao público infantil, e Teenage Riot, centrada na audiencia adolescente e xuvenil. Na presente edición, adiántanse algúns dos títulos que formarán parte destas seccións.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas