Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Turismo

Rueda deixa sobre o goberno central a coordinación aeroportuaria

O presidente da Xunta reafírmase en que non se van "subvencionar" as aeroliñas

Avión aterrizando en Lavacolla

Avión aterrizando en Lavacolla / Antonio Hernández

Santiago

O presidente Alfonso Rueda respondeu este luns ás preguntas da prensa sobre a proposta do Clúster de Turismo de Galicia para que fose a Xunta a que tivese papel protagonista na coordinación aeroportuaria.

«Queda un ano para as municipais e os de sempre empezan a facer o de sempre», dixo. Rueda asegurou que «o fácil sería que o goberno central, que ten as competencias, se ocupase de que os aeroportos funcionasen de xeito coordinado pero non o está a facer».

O presidente da Xunta reafirmouse en que «non se van subvencionar» as liñas aéreas senón que se vai facer «promoción en destino» e requiriu non só a implicación do goberno central, senón tamén das deputacións.

Tracking Pixel Contents