Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Que banda abrirá o Festigal en Compostela este 2026? Estas son as tres agrupacións finalistas

As tres bandas finalistas do concurso Novos Valores do Festigal actuarán o 24 de abril na Sala Sónar

O público será o encargado de decidir a banda gañadora, que abrirá os concertos do festival compostelán

Fuego Lolita é unha das tres bandas finalistas do concurso Novos Valores do Festigal 2026

Fuego Lolita é unha das tres bandas finalistas do concurso Novos Valores do Festigal 2026 / CEDIDA

Lucía Martínez

Lucía Martínez

Santiago

O concurso Novos Valores de Festigal vén de anunciar as tres bandas finalistas elixidas polo xurado da X edición do concurso enmarcado no festival de Santiago.

O público será o encargado de decidir por votación popular nun concero, que terá lugar o 24 de abril na Sala Sónar de Compostela, a banda ou artista que abrirá os concertos no Festigal deste 2026.

A alta calidade e a variedade de estilos foron dous dos aspectos que máis puxo en valor o xurado desta edición, na cal se presentaron un total de 17 grupos. Unha cifra que evidencia o gran momento que está a vivir na actualidade a música galega e en galego.

CAROLA

Cun "rap de moita calidade e con boas letras", segundo salientou o xurado, CAROLA é unha das bandas finalistas do concurso Novos Valores.

Un proxecto de rap en galego con alma rural autoxestionado. Caracterízase polas súas rimas de carácter intimista que acompañan a afondar no traballo interior, na identidade, no sentimento de pertenza e a reconexión coas raíces, segundo definen as súas integrantes, MC Carola e Dj Lakenobaila.

Fuego Lolita

O grupo picheleiro Fuego Lolita -nacido a finais do ano 2024 de xénero pop-punk e sonido rockero- é outro dos finalistas.

Os seus temas teñen un estilo irreverente e letras coñeras que pretenden poñer ao público a bailar, berrar e súar na pista. Está formado por Daniel Balsa, Antonio Bouxo, Adrián Caride, Lara López Suárez e José Manuel Sánchez.

O xurado destacaou a súa “música fresca feita por xente moza que canta os problemas e a situación da mocidade”.

Alta Mar

Alta Mar, banda de post hardcore melódico da Coruña nacida a inicios de 2025, é a derradeira banda finalista.

Formada por Miguel ‘Ken’ Da Silva (baixo), Camilo Piñón (guitarras), Víctor Tarela (voz) e Iván Couto (batería), chamou a atención do xurado pola súa proposta musical moi potente e con moi bo son.

Ata aquí os detalles das tres bandas finalistas. Teremos que agardar ata o concerto do vindeiro 24 de abril para coñecer cal delas será a encargada de abrir os concertos do Festigal 2026.

Tracking Pixel Contents