O Colexio Peleteiro recoñece os traballos en galego de doce estudantes: "Seguide escribindo e cuestionando o mundo"
Os galardoados, nas modalidades de poesía e narración da edición número 54, leron anacos da súa obra ante os asistentes

O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves entrega dos Premios Literarios Minerva, na súa edición número 54. / Cedida
O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves entrega dos Premios Literarios Minerva, na súa edición número 54. No salón de actos déronse cita autoridades, membros directivos do colexio e da organización do certame, os galardoados, familiares, unha representación dos centros educativos premiados e alumnos do Colexio Peleteiro. O acto estivo presentado por unha estudante de 2º de Bacharelato, Marta Arce, quen deu a benvida e dirixiu a entrega de premios.
O mantedor desta edición foi Armando Requeixo, secretario científico no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, profesor da USC, investigador e crítico literario; ademais de presidente dos Minerva na modalidade de Narración nos últimos anos. “Temos con nós a un referente totalmente imprescindible para comprender e gozar da nosa literatura, unha persoa cun inesgotable entusiasmo e paixón pola análise e difusión da literatura galega”, dixo a presentadora sobre Armando, e engadiu que é “responsable directo da visibilización de autores e autoras, obras, tendencias e proxectos que forman parte da nosa riqueza literaria, en moitos casos tamén xa do noso canon”.
Armando Requeixo leva xa 26 anos formando parte do xurado deste certame literario, coincidiu con Avelino Abuín de Tembra (o seu fundador). Lembrou estes primeiros anos, agradeceu a organización o recoñecemento de ser mantedor e dixo que se sentía “un espectador privilexiado da gran historia dos Premios Minerva, participando incluso nos actos e na elaboración do libro polo 50 aniversario”. E rematou dicindo: “Ogallá sexades auténtica materia da que están feitos os nosos soños: a literatura”.
6 premios en Poesía e 6 en Narración
A continuación, os rapaces galardoados, que foron en total 12 de distintos colexios e institutos de toda Galicia (6 premios en Poesía e 6 en Narración), foron subindo ao estrado para recoller o seu diploma, premio económico e a medalla conmemorativa do certame. Ademais, tiveron a oportunidade de amosar anacos da súa obra, cada un deles leu un pequeno fragmento elixido previamente, logo do que recibiron o recoñecemento do público.
A concelleira de Deportes e Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, clausurou o acto e dixo que era un orgullo facelo diante de xente benquerida, de alumnado, mestres e persoas da literatura. “Os Premios convertéronse en institución imprescindible das nosas letras. Segue sendo o berce onde floreceron Darío Xohán Cabana, Suso de Toro...”, e fixo fincapé no galego como unha lingua de futuro, “un idioma moderno e poderoso, ferramenta viva nas vosas mans”. Tamén felicitou aos profesores que axudaron aos rapaces e que están detrás de cada poema e narración. Dixo que Santiago é capital da cultura e da palabra e por último, “parabéns aos premiados: seguide escribindo e cuestionando o mundo, e seguide soñando en galego porque Galiza precisa seguir escoitando a vosa voz”.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga