Santiago inclúe no Rexistro de Soares un novo edificio en estado de ruína valorado en máis de 60.000 euros
Trátase dun inmoble que se localiza na rúa da Caramoniña e que, segundo o Concello, non cumpriu co «deber de conservación e rehabilitación»

Inmoble da rúa da Caramoniña que entra no Rexistro de Soares. / Cedida
O Concello de Santiago comunicou este xoves que vén de iniciar o procedemento de inclusión dun novo inmoble no Rexistro de Soares. Trátase dun edificio en ruínas situado no número 1 da Caramoniña, no ámbito do Plan especial da cidade histórica. A resolución pola que se declara incumprido o deber de conservación e rehabilitación e se incoa o procedemento de inclusión no Rexistro de Soares foi publicada no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial do Estado (BOE).
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, declarou o estado de ruína do inmoble no outono de 2023 e o arquitecto municipal propuxo a súa inclusión no Rexistro de Soares. Ademais, realizou unha valoración económica para saída a poxa pública de 64.561 euros.
O informe técnico indica que «non se fixo ningunha actuación para reverter o estado da edificación e segue en situación de ruína» e sinala que «o edificio permaneceu abandonado durante os últimos 14 anos».
Tras a declaración de ruína a propiedade «nada fixo por cumprir co deber de rehabilitalo e dedicalo a un uso compatible coa normativa urbanística», sinalan dende Raxoi, e, incumpridos os deberes legais, procede a súa inclusión no Rexistro de Soares de acordo co establecido no artigo 137 da Lei do solo de Galicia.
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Dos bloques, 18 viviendas y una fachada acristalada: así será un nuevo edificio del centro de Santiago
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D