Servizos nas parroquias
A alcaldesa afirma «o compromiso co rural» logo do comunicado de Ferusa
Sanmartín asegura que a federación recoñece «avances» ante «unha discriminación histórica» e pon en valor as liñas alimentadoras no bus urbano

Unha das xuntanzas do goberno local cos representantes do rural / cedida

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmou este venres o compromiso do goberno local co rural compostelán e defendeu o traballo feito para reverter o seu «indiscutible abandono histórico». Para a rexedora, o comunicado de Ferusa –Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago–, denunciando o déficit de servizos destas parroquias da capital galega «recoñece avances» na mellora de servizos coma o saneamento e o abastecemento.
«É lóxico que queiramos máis para o rural e, por suposto, para este goberno son tamén fundamentais outros servizos e unha atención global», defendeu a rexedora e mencionou como proba a «mudanza legal das condicións para construír novas vivendas nos ámbitos nos que se pode incrementar a poboación e asentala, coñecidos como ordenanza 6».
A alcaldesa puxo en valor as liñas alimentadoras do rural que contempla o novo contrato de transporte urbano e tamén o servizo de comedor dos colexios do rural. «Un modelo de transporte que vai chegar a todas as parroquias, algo que antes nin se chegara nin a formular».
Sanmartín afeoulle á edil Marta Abal (PSOE) as súas críticas logo do comunicado de Ferusa e recalcou que «parece que a concelleira esquece os anos que gobernaron», reivindicando que a desatención do rural santiagués é unha cuestión «que non comezou nestes tres anos que estamos no goberno».
A rexedora defende que o goberno bipartito está a cumprir o Pacto polo Rural e pon como mostra que estas parroquias «non están a perder poboación» mais recoñeceu que «hai moitas necesidades pendentes».
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga