LIBROS
O Ateneo de Santiago reedita o libro de fotos "Compostela única"
Hai obras de pioneiros da fotografía en Compostela como Andrés Cisneros, Chicharro, Ksado, José Guitián, Manuel Blanco ou Silvestre Almeida.

Presentación do libro no Ateneo de Santiago. / Cedida

O Ateneo de Santiago acolleu este venres no seu Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º), a presentación aos seus socios e socias da segunda edición do libro "Compostela única Un retrato de imaxes anteriores a 1965", que ten como base unha exposición feita no Pazo de Fonseca en 2013, Ramón Neira y José Manuel Ortigueira como comisarios.
Memoria colectiva
No acto participou un dos directores do proxecto, Ramón Neira, acompañado do presidente da entidade, Francisco Candela. Durante a xornada, o público asistente recibiu exemplares da obra de balde, nun encontro que puxo en valor a memoria colectiva da cidade.
A publicación recolle unha selección de fotografías históricas de Santiago tomadas entre finais do século XIX e o ano 1965, procedentes en boa medida de achegas cidadás. Tal e como explicou Ramón Neira, o proxecto naceu coa vontade de construír unha visión compartida da cidade a través de imaxes familiares e documentos pouco habituais, que amosan a vida cotiá, os espazos e as transformacións sociais da capital galega.
Pioneiros da fotografía en Santiago
Hai obras de pioneiros da fotografía en Santiago como Andrés Cisneros, Chicharro, Ksado, José Guitián, Manuel Blanco ou Silvestre Almeida.
O resultado é un retrato singular dunha cidade que, segundo destacou, experimentou importantes cambios nas últimas décadas, abrindo tamén a reflexión sobre a conservación da súa identidade.

"Compostela única Un retrato de imaxes anteriores a 1965", libro reeditado. / Cedida
Textos
Pola súa banda, Francisco Candela subliñou o valor do traballo colectivo que fixo posible a obra e destacou a implicación do Ateneo na súa edición e difusión. A nova publicación inclúe textos de autores como Xosé Ramón Pousa, Xerardo Estévez, Anxo Tarrío ou Encarna Otero, que contextualizan as imaxes desde diferentes ámbitos. Ademais, o Ateneo anunciou a súa intención de distribuír o libro entre entidades culturais e centros educativos, así como nas librarías da cidade, co obxectivo de achegar este documento á cidadanía e contribuír ao coñecemento da historia recente de Santiago.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga