Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Espazo peonil

O PSOE pula por mellorar a mobilidade en Rodrigo de Padrón

Marta Abal demanda melloras facéndoas compatibles co comercio e coa hostalaría

A concelleira socialista Marta Abal

A concelleira socialista Marta Abal / cedida

Santiago

A concelleira do grupo municipal socialista Marta Abal insistiu este venres, como fixo no pleno de marzo, na necesidade de mellorar a mobilidade e «humanizar» a contorna de Rodrigo de Padrón, da avenida de Figueroa e de San Clemente, «un dos ámbitos máis sensibles da cidade, no bordo da zona histórica».

Para a edil trátase de avanzar «cara a un espazo de prioridade peonil, pero facéndoo compatible cos usos que xa existen, coa actividade comercial, coa hostalaría, co acceso ás vivendas».

Neste sentido, a edil subliñou a necesidade de «poñer máis orde nun ámbito que soporta moita presión e moitos usos ao mesmo tempo, e facelo con criterios claros».

Tracking Pixel Contents