Eventos culturais
Raxoi convoca o Premio Selic e o mercado do libro na Festa do Banquete de Conxo
A dotación do galardón do festival do libro e da lectura é de 6.000 euros e o marco referencial da obra debe estar vencellado a Compostela

Inauguración do festival Selic, na praza da Quintana, o pasado ano / Jesús Prieto

O goberno local vén de aprobar as bases da convocatoria do Premio Selic de creación literaria 2026, «que ten como obxectivo incrementar a presenza de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego».
Así o explicaba en rolda de prensa a voceira do goberno e concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao. O premio ten unha dotación de 6.000 euros e poden concorrer a el obras inéditas de narrativa, poesía, teatro e ensaio que teñan Santiago de Compostela como marco da acción ou referencia.
O prazo de recepción de orixinais ábrese ao día seguinte de que se publique a convocatoria no BOP e remata o 10 de setembro deste 2026.
Ademais a xunta de goberno aprobou as bases do VII mercado do libro da Festa do Banquete de Conxo, que terá lugar os días 23 e 24 de maio. O prazo para solicitar unha das 20 prazas que se van ofertar neste mercado remata o vindeiro día 30 de abril.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga