Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O 14 de maio

A Ascensión xa ten cabeza de cartel: Mondra fará vibrar a Quintana no día grande das festas

Raxoi anunciou este mércores a primeira gran actuación musical para as festas da cidade

Mondra e Pilar Lueiro anunciaron desde o Pazo de Raxoi o concerto do próximo 14 de maio nas festas da Ascensión

Mondra e Pilar Lueiro anunciaron desde o Pazo de Raxoi o concerto do próximo 14 de maio nas festas da Ascensión / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Manu López

Manu López

Santiago

As festas da Ascensión deste 2026 xa teñen cabeza de cartel. O Concello de Santiago anunciou este mércores que Mondra será a principal aposta musical cun concerto que promete facer vibrar a Praza da Quintana no día grande da celebración, o xoves 14 de maio.

O cantareiro e bailador e a concelleira de Festas, Pilar Lueiro, lanzaron a primicia a través dun vídeo nas redes sociais. "Que ilusión traer a nosa Ronda á Praza da Quintana!", sinalou o artista, que ademais destacou que "vai ser un día moi especial", no que sobre o escenario poderán verse "unha chea de sorpresas e amigas".

Novo sinxelo con Baiuca e xira en marcha

O anuncio coincide co lanzamento do primeiro sinxelo que asinan Mondra e Baiuca, Mazarocas, un primeiro traballo que apunta a converterse nun dos grandes temas do ano, así como un himno inmediato no repertorio de ambos.

O tema publícase en plena xira estatal de Mondra, iniciada en Bilbao o 14 de marzo e que o levará polas principais salas nos vindeiros meses, con actuacións programadas en cidades como Madrid, Barcelona, León, Zamora ou Oviedo. Unha ruta que o artista teense afincado en Compostela combinará cos escenarios galegos, incluída a Praza da Quintana.

Aparición fulgurante na escena musical

Mondra é un dos nomes máis destacados da escena musical do país nos últimos anos. Co seu álbum debut, titulado Ardēn (Altafonte, 2023), acadou o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por Marimondra.

No mes de maio de 2025, lanzou o seu segundo traballo discográfico, De Ronda (Altafonte, 2025), presentado nun espazo-tempo que toma todo o seu sentido en A ronda, a case homónima e segunda produción escénica do artista. Nela, baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, a proposta cobra vida a través das voces, os sintetizadores e o son das percusións tradicionais, cunha sofisticada e visual posta en escena.

Sobre o escenario, Mondra está acompañado por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, que conforman a banda, e Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez como intérpretes de danza. Coa Folīa das Ardentes e A ronda, Mondra realizou máis dun cento de concertos enchendo os escenarios e levantando o público dentro e fóra de Galicia.

Tracking Pixel Contents