Rehabilitación de viarios
O PSOE de Santiago denuncia a parálise das obras en García Lorca
Os socialistas esixen que Raxoi actualice prazos e informe a veciñanza da Guadalupe

Imaxe do estado das obras na rúa García Lorca / cedida
A edil do PSOE en Raxoi Marta Abal denunciou este martes a parálise das obras de reurbanización da rúa García Lorca, no barrio de Guadalupe, e esixiu ao goberno local «que dea explicacións claras á veciñanza e fixe prazos concretos para a reactivación».
Abal puxo o foco na preocupación entre os veciños, «que están a vivir unha situación de incerteza prolongada». «Estamos ante unha obra que leva case tanto tempo parada como en execución desde que comezou en setembro de 2025», advertiu a concelleira.
Segundo explicou, o goberno local trasladara que unha modificación no proxecto suporía un atraso aproximado dun mes. Agora «a rúa García Lorca presenta aspecto de obra abandonada, sen información sobre cando se van retomar os traballos».
Abal critica que a situación evidencia «falta de planificación e de xestión, así como unha ausencia de comunicación coa veciñanza». «As persoas que viven no barrio teñen dereito a saber que está a pasar, cando se van retomar as obras e canto tempo van durar».
Dende o PSOE esixen que o goberno actúe con responsabilidade e transparencia. «É imprescindible que se comunique unha data concreta para a reactivación das obras e que se presente un calendario adaptado á situación actual», reclamou Marta Abal, que tamén advertiu de que as molestias derivadas dunha obra destas características «son inevitables, pero non poden verse agravadas pola falta de información e pola ausencia de diálogo coa veciñanza».
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro