O PP propón a posta en marcha de talleres artesanais para frear o peche de comercios en Santiago
Olaya Otero asegura que a medida serviría para impulsar a remuda xeracional: "As medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes"

Confecciones Sánchez, un dos locais de Santiago que pechou recentemente tras 79 anos / ECG
A concelleira o Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, vén de propoñer a posta en marcha de talleres artesanais, co fin de impulsar a remuda xeracional e contribuír a frear o constante peche de comercios na capital de Galicia. "Levamos tempo alertando da situación do comercio na cidade e, desafortunadamente, as últimas novas ao respecto deste e outros sectores económicos, veñen a darnos a razón", subliñou.
A edil popular lembrou que "rematamos o 2025 sabendo que, no último ano, pecharon no noso concello 100 establecementos comerciais e, comezamos 2026, coñecendo que, nos primeiros meses, esta preocupante tendencia non fai máis que confirmarse, posto que, segundo datos aportados pola Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), nos dous primeiros meses deste 2026, son xa 41 os establecementos que pecharon as súas portas".
"En non poucos casos, estes ceses de actividade responden a situacións de falla de remuda xeracional, ante as xubilacións dos seus propietarios, xa que, en torno o 30 % dos comerciantes composteláns, teñen máis de 62 anos de idade e, a isto, hai que engadir, que Santiago continúa sen ser capaz de atraer industria: nos últimos oito anos o noso concello perdeu máis de 700 empresas", engadiu.
Reclama que Raxoi actúe
Antes estes datos, Otero criticou as medidas do goberno local, ao que acusa de que "parece que a situación non vai con eles". Ademais, afirmou que as políticas de "prohibir e obstaculizar" na zona vella levan a que "siga esmorecendo".
Neste contexto, detallou que a proposta do PP é que o Concello impulse talleres de oficios tradicionais para a mocidade, posto que "a artesanía tampouco é allea a esa crise de man de obra, moi polo contrario, este sector ten unha especial incidencia nos oficios e supón un importante activo económico, que pode ofrecer á mocidade compostelá unha saída profesional viable e de futuro".
"Ante a gravidade da situación actual, advertimos ao goberno de BNG e CA que medidas dispersas e puntuais xa non son suficientes e se fai necesario e urxente desenvolver un plan estratéxico con iniciativas concretas para cada un dos sectores económicos da cidade", concluíu a concelleira.
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Dos bloques, 18 viviendas y una fachada acristalada: así será un nuevo edificio del centro de Santiago
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D