Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cales serán os horarios das bibliotecas da USC no próximo período de exames?

O período extraordinario de apertura destes espazos comeza o luns 20 de abril e estenderase ata o 30 de xuño

Estudantes que van a preparar os exames á Biblioteca Concepción Arenal, nunha imaxe de arquivo.

Estudantes que van a preparar os exames á Biblioteca Concepción Arenal, nunha imaxe de arquivo. / Jesús Prieto

L.R.

Santiago

A Universidade de Santiago abre o vindeiro luns 20 de abril o período extraordinario de apertura das bibliotecas do segundo semestre, o cal se estenderá ata o vindeiro 30 de xuño. En total, a USC oferta máis de 3.400 prazas divididas en distintos puntos de servizo nos campus de Santiago e Lugo, cun amplo horario, que chegará incluso ás 24 horas nalgúns puntos de servizo. 

Horarios extraordinarios no Campus de Santiago

Biblioteca Concepción Arenal (952 prazas). De luns a domingo. 

  • Do 20 de abril ao 5 de xuño : 8:30-0:00 h (ultima noite 4 de xuño)
  • 5 xuño: 8.30-22.00 h
  • Do 6 ao 30 de xuño: 9:00-22:00 h 

Sala de Lectura de Dereito (122 prazas ampliables, ata un máximo de 700 segundo a dispoñibilidade das aulas). De luns a domingo.  

  • Do 27 de abril ao 10 de maio: 8:30-3:00 h
  • Do 11 ao 31 de maio: 24 h (pecha para limpar de 7 a 8 h).
  • Do 1 ao 7 de xuño: 9:00-3:00 h

Facultade Económicas (348 prazas ampliables). De luns a domingo.

  • Do 27 de abril ao 31 de maio: 8:30-22:00 h

Biblioteca Facultade Bioloxía (289 prazas) 

  • De luns a venres: Do 27 de abril ao 31 de maio: 8:30-22:00 h
  • Apertura fin de semana e festivos: Do 14 ao 31 de maio: 8:30-22:00 h

Do 4 ao 29 de maio as seguintes bibliotecas ampliarán o horario, de luns a venres, ata as 21:30:

  • Biblioteca Escola Técnica Superior de Enxeñería (182 prazas)
  • Biblioteca Facultade de Matemáticas (236 prazas)
  • Biblioteca da Facultade de Química (235 prazas)

Durante todo o curso con carácter habitual abren ata as 21:30, de luns a venres, as seguinte bibliotecas:

  • Biblioteca Xeral
  • Biblioteca da Facultade Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade Xeografía e Historia
  • Biblioteca da Facultade de Física
  • Biblioteca da Facultade de Enfermaría
Horarios extraordinarios das bibliotecas da USC no segundo semestre do curso 2025-26.

Horarios extraordinarios das bibliotecas da USC no segundo semestre do curso 2025-26. / USC

Horarios extraordinarios no Campus de Lugo

Biblioteca Intercentros (938 prazas). De luns a domingo. 

  • Do 20 de abril ao 5 de xuño : 8:30-0:00 h (última noite 4 de xuño)
  • 5 de xuño: 8.30-22.00 h
  • Do 6 ao 30 de xuño: 9:00-22:00 h

Aula Facultade de Veterinaria (938 prazas). De luns a domingo.

  • Do 11 ao 31 de maio: 24 horas. Pecha unha hora para limpar.

Como consultar as prazas libres en cada biblioteca?

Dende a web da BUSC, no apartado Postos de Lectura, pódese consultar a porcentaxe e número de postos libres nos distintos puntos de servizo da Biblioteca. Esta información está dispoñible durante todo o curso académico, ampliando a xa existente en período de apertura extraordinario. A actualización desta información realízase de luns a venres aproximadamente cada hora, entre as 9 e as 21 horas, e as fins de semana e festivos de 9 a 19 horas.

O servizo ten habilitada tamén a conta de BlueSky @buschorarios.bsky.social, e desde a app oficial da USC, no apartado Postos na BUSC da lapela Destacado.

Tracking Pixel Contents