Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cidade para os nenos

A cativada participa no impulso do Consello Municipal da Infancia

Os participantes cursan 4º, 5º e 6º de Primaria e van poñer en común os temas que lles preocupan

A edil María Rozas participa coma unha máis na xuntanza dos nenos

A edil María Rozas participa coma unha máis na xuntanza dos nenos / cedida

Santiago

Arredor de 50 nenos de diferentes centros educativos participaron este mércores no grupo impulsor para a creación do Consello Municipal da Infancia, na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños). Unha reunión presidida pola edil de Servizos Sociais, María Rozas.

O grupo impulsor está formado por alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e van ser os nenos que definan como vai funcionar o órgano de participación e que temas se tratarán nel. Ten tamén a tarefa de preparar o regulamento do Consello que deberá ser aprobado polo pleno e que ten por obxectivo constituír o Consello Municipal da Infancia antes do remate do curso.

Nesta reunión fíxose a primeira toma de contacto para que os nenos empecen a definir as súas preocupacións. María Rozas explicou que «o Concello quere garantir o dereito á participación dos nenos e das nenas, da mesma maneira que se lles garante o dereito á educación ou á saúde», porque «a infancia tén que ser escoitada, debe expresar por si mesma as súas preocupacións, formular as súas propostas, ou participar no deseño das accións que lles afectan».

Tracking Pixel Contents