Jesús Sanmartín Matalobos repite como decano da Facultade de Química da USC
Infraestruturas, administración e titulacións marcarán o seu mandato tras ser reelixido este xoves

Jesús Sanmartín Matalobos, reelixido decano da Facultade de Química da USC. / Santi Alvite
L.R.
A Facultade de Química da Universidade de Santiago manterá a Jesús Sanmartín Matalobos, catedrático da área de Química Inorgánica, como decano tras ser reelixido nas eleccións celebradas este xoves 16 de abril, nas que acadou 44 votos a favor e 5 en branco. Sanmartín Matalobos asentará o seu mandato en tres eixos: infraestruturas, administración e titulacións.
No relativo ao primeiro ámbito, o profesor Sanmartín poñerá o foco na rehabilitación do centro, así como na reparación, ampliación e mellora da infraestrutura. A xestión de procedementos será outro dos seus eidos de actuación a prol de acadar unha maior eficiencia organizativa e mellor atención do estudantado. Finalmente, o decano proseguirá o seu labor de mellora das titulacións do centro. Para o profesor, o seu proxecto baséase no diálogo, consenso, transparencia, traballo, compromiso e experiencia.
Traxectoria do catedrático de Química Inorgánica
Doutorado en Farmacia pola USC en 1992, tras unha estadía posdoutoral na Universidade de Manchester, Jesús Sanmartín Matalobos incorporouse ao Departamento de Química Inorgánica da USC como profesor asociado en 1994. En 1995 foi nomeado profesor titular interino, acadando a categoría de profesor titular en 1997 e a de catedrático de universidade en 2025. Entre 2014 e 2022 desempeñou o cargo de secretario académico da Facultade de Química da USC e, dende 2022, o cargo de decano.
A súa actividade investigadora deu lugar a 156 publicacións indexadas en WOS (31% como autor correspondente), das cales máis do 51% foron publicadas en revistas Q1 (SJR). Así mesmo, presentou 200 comunicacións en congresos científicos, o 43% delas de carácter internacional. Estas obras céntranse (aínda que non exclusivamente) en áreas como o magnetismo molecular en metais de transición e lantánidos (50), a química supramolecular (16), a química de coordinación (11), a bioquímica inorgánica (10), a imaxe de células vivas (10) e a especiación analítica (7). Ao longo da súa carreira, participou como investigador en proxectos competitivos financiados a nivel internacional (2), estatal (8) e autonómico (10). Tamén colaborou coa industria, participando en dous contratos de investigación con empresas privadas, un deles nun proxecto dunha axencia estatal.
- Reabre en Santiago una de las cafeterías más queridas del casco histórico: 'Volvemos con la misma ilusión y ganas
- El outlet Área Central de Santiago alarga este viernes su hora de cierre para convertirse en una 'Jungla' con descuentos del 50%
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- Raxoi paraliza una obra ilegal frente al parque de Bonaval: 'Habéis roto un trozo de historia
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes