Descenso de pasaxeiros
O PSdeG esixe unha reacción da Xunta e do Concello ante a caída do tráfico no aeroporto de Santiago
Guinarte tilda de "alarmante" a situación e alerta do impacto sobre o turismo e a economía da cidade

Pasaxeiros no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro / Antonio Hernández
O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, alertou este mércores da situación do aeroporto Rosalía de Castro, que cualificou de "alarmante" tras coñecerse os últimos datos de tráfico aéreo, que reflexan unha caída do 30 %. Ante isto, esixiu unha reacción "inmediata" por parte da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago.
Os datos, que falan de 435.000 pasaxeiros menos no primeiro trimestre do 2026, "non son puntuais", segundo valorou o voceiro socialista, destacando que contrastan coa evolución doutros aeroportos galegos, que non rexistraron descensos, e mesmo tiveron incrementos nalgúns casos. Neste contexto, sinalou que Lavacolla "está perdendo peso" como referencia do noroeste peninsular.
O socialista atribuíu parte desta situación á perda de conexións de Ryanair e alertou de que a situación "compromete a desestacionalización turística" e repercute non só no sector hoteleiro, senón tamén no comercio, a restauración, o transporte e o emprego. Por iso, reclamou unha reacción máis contundente das administracións: "Hai que aportar solucións", sentenciou.
Reclama unha resposta coordinada
Guinarte situou a principal responsabilidade na Xunta, á que acusou de chegar "moi tarde" e cunha resposta "pírrica" no apoio á conectividade aérea. Comparou o investimento anunciado polo Goberno galego cos fondos doutros territorios e criticou que Galicia destine cantidades inferiores ás doutras comunidades autónomas cercanas.
Sobre o Concello, recoñeceu a achega económica municipal para promocionar novas rutas, pero reclamou "un discurso distinto respecto ao turismo", menos centrado na "saturación" e máis orientado á promoción fóra da temporaada alta. Ademais, censurou a falta de diálogo co sector e insistiu en que tanto Raxoi como San Caetano deben "poñerse a traballar de maneira coordinada para reverter esta situación".
En contra da proposta do Clúster de Turismo
Guinarte tamén rexeitou a proposta de especialización do Clúster de Turismo ao considerala "de moi difícil aplicación" e "pouco útil" para resolver o problema actual. Ao seu xuízo, o que fai falta é "aportar recursos" e reforzar as posibilidades de conexión dunha infraestrutura que "ten capacidade para ter moitas máis conexións das que agora ten".
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago