Caída do tráfico aéreo
Sanmartín carga contra a Xunta pola falta de coordinación aeroportuaria: "Está clarísimo quen se nega a colaborar"
A alcaldesa de Santiago asegura que o Concello "leva traballando moito tempo en solitario para facer captación de rutas" para o Rosalía de Castro

Sanmartín xunto a José González, conselleiro de Emprego da Xunta de Galicia, este xoves no congreso de Cegasal / Cedida

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, manifestouse este xoves sobre a situación do aeroporto Rosalía de Castro, que acumula unha caída do tráfico do 30 % durante o primeiro trimestre de 2026. Sanmartín referiuse ás declaracións do voceiro do PSOE en Raxoi, Sindo Guinarte, nas que reclamaba unha resposta coordinada e inmediata dos gobernos local e autonómico, responsabilizando á Xunta de ser quen se nega a colaborar.
Antes de participar na inauguración do Congreso da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de Lucro (Cegasal), a rexedora compostelá afirmou que "é a Xunta de Galicia quen se ten que poñer á fronte", lembrando que Guinarte se expresou na mesma liña e indicando que "sabe perfectamente a colaboración que obtivo" cando era concelleiro de Turismo no anterior mandato. "Todo o mundo ten moi claro de quen é a responsabilidade de ter unha perspectiva de país e facer unha política aeroportuaria", subliñou.
Propostas "totalmente ridículas"
"É necesaria a coordinación e a colaboración entre as administracións", engadiu a alcaldesa, que cargou contra a Xunta ao sinalar que o Concello "leva tendendo a man a esa colaboración e creo que está clarísimo a estas alturas quen se nega a que exista esa colaboración, e quen non ten en conta os concellos, ou fai propostas que ao final todo o mundo acaba coincidindo en que son totalmente ridículas".
Sanmartín asegurou que Raxoi "leva traballando moito tempo en solitario para facer captación de rutas" e que ademais "está poñendo unha cantidade importante" para conseguilo, tratando de buscar tamén novos destinos e unha "diversificación das compañías coas que se traballa".
Enquisa de Incolsa
A alcaldesa tamén fixo referencia á enquisa que acaba de poñer en marcha Incolsa para recoller as achegas do sector turístico e da veciñanza de cara á elaboración do próximo plan estratéxico, co que se definirá o modelo a desenvolver na cidade ata 2030. "A idea da enquisa é poder ter os datos, poder coñecer profundamente cal é a situación turística e a partir de aí seguir tomando decisións", apuntou.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago