Participación
Turismo de Santiago lanza unha enquisa para definir o modelo ata 2030
O cuestionario busca recoller o parecer e as achegas, tanto do sector como da veciñanza, para a elaboración do próximo plan estratéxico

Turistas na zona histórica de Santiago a pasada fin de semana / Antonio Hernández

Turismo de Santiago vén de lanzar unha enquisa aberta para a diagnose do plan estratéxico para definir o modelo que desenvolverá a cidade entre os anos 2026 e 2030. O cuestionario busca recoller o parecer e as achegas, tanto do sector como da veciñanza, para "a definición dun marco de actuacións consensuado entre todos os actores implicados", segundo explican desde o Pazo de Raxoi.
A enquisa, totalmente anonimizada, propón 20 preguntas con diversas opcións coas que se valorará o sentir das persoas participantes. Ademais conta, en varias cuestións, cun espazo de resposta aberto pero guiado para a achega de ideas. Pódese acceder á enquisa a través de www.santiagoturismo.com ata o día 9 de maio.
Máis accións en marcha
Segundo indica o goberno local, a acción forma parte dun traballo de diagnose máis amplo, que se levará a cabo durante este mes de abril, no que se celebrarán 11 grupos focais organizados por temáticas co obxectivo de promover o diálogo, a interacción e o intercambio de ideas construtivo e obter unha visión colectiva. Á enquisa e aos grupos focais súmanse varias entrevistas individuais en profundidade a actores chave da cidade e o sector en Galicia.
"Estas tres accións permitirán analizar as experiencias, percepcións e perspectivas de cada persoa participante e poder abordar aspectos concretos cos que acadar un coñecemento máis profundo das dinámicas locais que acompañen ao diagnóstico", engade Raxoi. O traballo estase a levar a cabo a través de datos e estatísticas cos que se pretende obter unha radiografía "o máis exacta posible" da situación turística en Compostela.
Calidade sobre cantidade
Desta maneira, puntualizan que o obxectivo que se busca co plan é o desenvolvemento dun modelo turístico sostible "dende as perspectivas medioambiental, económica e social con especial énfase na convivencia harmónica entre residentes, turistas e visitantes, e sector". Neste sentido, o plan apostará por unha demanda turística de alto valor engadido fronte a un turismo de masas no que prime a cantidade de visitantes, na liña na que vén traballando o goberno local estes últimos anos.
Suscríbete para seguir leyendo
- La panadería con una de las empanadas más famosas de Santiago: 'Uso a mesma masa coa que fago o pan
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Violento asalto a una vivienda en Santiago: herido un vecino de Vista Alegre tras enfrentarse a dos individuos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Extraordinarios en las aulas de Santiago: «La clave es tener un buen método de estudio y no encerrarse demasiadas horas»
- Renfe estrena este miércoles el primer AVE directo Santiago-Madrid sin parada en Castilla y León
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Santiago moviliza a 500 jóvenes para animar al papa León XIV a que peregrine a Compostela en el Año Santo 2027