Camiño de Santiago
Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco
Indispúxose ao pasar O Milladoiro, entrada a Santiago do Camiño portugués

Peregrinos entrando en Santiago / Jesús Prieto
Santiago
Na tarde deste venres a indisposición dun peregrino no Camiño portugués mobilizaba un dispositivo de ambulancia, Policía Local e Policía Nacional de Santiago. O incidente producíase ás 15 horas na rúa do Veado, á altura da saída da autovía de Noia cara a Santiago.
Tratábase dun cidadán británico de 59 anos que peregrinaba a Compostela e sufriu a esa altura unha indisposición, resultado da cal se produciu o seu falecemento.
Os sanitarios, que non puideron facer nada por salvar a súa vida, consideran que o óbito se produciu a consecuencia dun paro cardíaco.
- La panadería con una de las empanadas más famosas de Santiago: 'Uso a mesma masa coa que fago o pan
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Violento asalto a una vivienda en Santiago: herido un vecino de Vista Alegre tras enfrentarse a dos individuos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Extraordinarios en las aulas de Santiago: «La clave es tener un buen método de estudio y no encerrarse demasiadas horas»
- Renfe estrena este miércoles el primer AVE directo Santiago-Madrid sin parada en Castilla y León
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Santiago moviliza a 500 jóvenes para animar al papa León XIV a que peregrine a Compostela en el Año Santo 2027