Desconexión e ideoloxía
Verea critica a alcaldesa de non achegar solucións ao "campamento improvisado" da Policía Nacional no Obradoiro
Culpa a Sanmartín de permitir esta situación dous meses despois do incendio da Comisaría de Santiago
Critica, por "ideolóxica" a estatua a Moncho Reboiras instalada na Carreira do Conde

Verea critica a alcaldesa de non achegar solucións ao "campamento improvisado" da Policía Nacional no Obradoiro / CEDIDA

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, cargou na mañá deste venres contra a alcaldesa Sanmartín por dous asuntos de actualidade: o posto provisional da Policía Nacional no Obradoiro dous meses despois do incendio da comisaría e a inauguración na tarde deste sábado dunha estatua ao nacionalista Moncho Reboiras na Carreira do Conde.
«Hai dous meses do incendio da comisaría e a cidadanía ten que permanecer á intemperie para renovar o seu DNI», reclamou Verea, que tamén denunciou que os funcionarios se ven obrigados a traballar nun «campamento improvisado» no Obradoiro, nunhas furgonetas «que non están preparadas para estas tarefas».
O voceiro popular tamén se referiu ao local provisional que ten a policía fronte á comisaría incendiada, onde "nun pequeno espazo deben convivir unha nai que vai pedir un permiso para unha excursión do seu fillo e un delincuente ao que lle van tomar declaración".
O líder do PP fixo tamén mención a que os traballadores da Policía Nacional solicitaron unha reunión coa alcaldesa «que aínda non respondeu». Para Borja Verea a actitude do goberno local neste asunto dá «unha mostra máis da desconexión total que teñen con Santiago».
Sen vínculos coa cidade
Borja Verea non deixou pasar a inauguración dunha escultura ao nacionalista Moncho Reboiras (asasinado pola Brigada Político Social franquista en 1975) na Carreira do Conde.
A oposición a este recoñecemento xa a amosaron no debate plenario dende a bancada popular e o seu voceiro insiste en que é "unha decisión ideolóxica de BNG e Compostela Aberta" pois «Reboiras non ten vinculación ningunha con Santiago e non representa a cidade».
Verea critica que o goberno local rompa «a tradición de consenso» neste tipo de decisións e poña «o espazo público ao servizo da súa visión ideolóxica».
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago