Obras e patrimonio
Finais de abril, a data para arranxar de novo os desperfectos da Ponte de Sar
Trátase dunha reparación do empedrado semellante á realizada hai agora menos dun ano
Dende hai semanas a estrutura presenta desperfectos

A Ponte de Sar, patrimonio integrado na Vía da Prata, soporta unha considerable cifra de tráfico / Jesús Prieto

Hai menos dun ano a Ponte de Sar pechábase ao tráfico para solucionar o mal estado do seu empedrado. Unha reclamación veciñal por tratarse dunha canle de comunicación entre unha beira e a outra do río Sar, da que se serve a veciñanza no seus vehículos particulares para desprazarse do centro da cidade a parroquias coma Angrois, Aríns ou o Restollal. E unha actuación necesaria por ser esta ponte do século XII un elemento patrimonial que, ademais, forma parte da Vía da Prata.
Tan só dez meses despois –as reparacións realizadas finalizaron o 14 de xuño de 2025–o empedrado volve estar gravemente deteriorado, con lousas quebradas e zonas nas que unhas pedras están máis afundidas que as outras. Segundo puido saber EL CORREO GALLEGO, o goberno local ten previsto iniciar actuacións de rehabilitación na última semana do mes de abril.
Tratarase dunha obra «puntual» semellante á realizada o ano pasado, para mellorar a situación sen alterar as condicións deste elemento patrimonial. Pese a ser puntual esta próxima actuación, o goberno local de Santiago está a traballar nun novo proxecto máis definitivo.
Os materiais e o tipo de actuación que se poden utilizar na ponte medieval, así coma o volume de tráfico que soporta, provocan o deterioro da calzada, mais na última actuación –a de 2025–, este diario tivo coñecemento de que parte da veciñanza que transita pola zona non estaba a respectar os valos que interrompían a circulación unha vez rematada a obra, no tempo de fraguado. Estas circulacións anticipadas propiciaron un deterioro máis rápido do empedrado.
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago