Rehabilitación de firmes
Raxoi activa unha nova fase de asfaltados: 200.000 euros para obras en zonas rurais e urbanas
As actuacións previstas chegarán nas próximas semanas a rúas do Ensanche, varias parroquias e a contorna do Estadio Verónica Boquete

Unha das zonas rurais de Santiago nas que xa realizaron intervencións / Cedida

O Concello de Santiago vén de activar unha nova fase de actuacións de rehabilitación de firmes, que abrangue tanto zonas do ámbito rural como do urbano, e que conta cun investimento de 200.000 euros. Os traballos comezaron nos últimos días con reparacións en Zarramacedo, en Bando de Arriba. Continuarán nas próximas semanas coa programación de máis dunha vintena de intervencións nas parroquias de Laraño, Figueiras, Busto, San Xoán de Fecha, A Barcia, Villestro ou A Grixoa.
No ámbito urbano, o Concello mellorará a contorna do Estadio Verónica Boquete, uns traballos que comezará na próxima semana, e ten previstas actuacións de rehabilitación de firmes nas rúas Fonte de Santo Antonio, Doutor Teixeiro e Puente Castro, que se desenvolverán no próximo mes.
Nova fase en verán
A este plan sumarase unha nova fase de traballos de asfaltados no ámbito periurbano e de regos asfálticos en varios puntos do municipio que o Concello executará durante o período estival aproveitando a climatoloxía favorable propia desta época.
Alén destas intervencións, Raxoi explica que están previstos investimentos para a rexeneración de pavimentos na rúa de Mallou, nos lugares de Bar de Arriba, Bar de Abaixo e a rúa dos Asidros, a pavimentación do lugar do Piñeiro, no Eixo. Tamén se intervirá na rúa de San Roque, en Laraño e en varias vías das parroquias de Cesar, Marrozos, Verdía, Fecha, Carballal e Busto.
Outros traballos xa executados
Estes traballos súmanse aos recentemente executados tras os temporais deste inverno para reparar pavimentos e para mellora da accesibilidade. Entre estas actuacións atópase a rehabilitación da estrada N-634 que conecta coa zona de San Marcos, ou a Ponte Vella de Vidán.
Tamén se interveu en máis dunha quincena de zonas urbanas e leváronse a cabo rebacheos en distintos puntos da cidade que superan os 380 metros cadrados. Así, actuouse nas rúas París, Roma, Berlín, Lisboa, Moscova, Bruxelas, Londres, Xoán XXIII, Burgo das Nacións, Xoan Pablo II, San Lázaro, Camiño Francés, República de Arxentina, Gómez Ulla e Costa do Vedor. En total, esta serie de intervencións executadas tiveron un custo superior aos 350.000 euros.
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- La construcción del Ensanche Norte para 3.609 viviendas obliga a expropiar 90.000 metros cuadrados de fincas en la otra punta de Santiago