Informe pendente
Rosón levará ao pleno a falta de resposta do Concello sobre un tramo da rúa Forniños
A concelleira non adscrita preguntará polo informe solicitado pola veciñanza en xuño do 2023 e que aínda non foi emitido sobre o carácter público ou privado da vía

Os concelleiros non adscritos, nunha xuntanza coa veciñanza da rúa Forniños / Cedida
As concelleiras non adscritas veñen de reunirse cun grupo de veciñas e veciños da rúa Forniños, que levan desde xuño do 2023 agardando por un informe solicitado ao servizo de Patrimonio do Concello de Santiago ante as dúbidas existentes sobre o carácter público ou privado da vía e sobre o mantemento dun paso tradicional cara a rúa da Campiña.
Segundo explicou Mercedes Rosón, solicitouse por parte da veciñanza ao servizo de Patrimonio a elaboración dun informe que aclarase a situación xurídica e a titularidade deste último tramo da rúa. A petición produciuse despois de que o propietario dunha finca lindeira afirmase ter adquirido tamén ese espazo, unha circunstancia que, porén, non figura reflectida nos datos do Catastro, xerando incerteza sobre se se trata dunha vía pública ou dunha propiedade privada.
"Chega a provocar certo malestar social"
"É urxente resolver esta situación, que ademais de incertezas pode chegar a provocar certo malestar social" criticou Rosón que incide ademais sobre o sendeiro empregado pola veciñanza que permite a comunicación coa rúa da Campiña, polo que "unha posible apropiación deste treito final da rúa Forniños suscita dúbidas sobre a existencia e conservación dunha servidume de paso".
Rosón interpelará directamente ao concelleiro de Urbanismo no vindeiro pleno polo estado actual do informe solicitado e polas medidas que prevé adoptar o goberno municipal para garantir, no seu caso, "o mantemento deste paso tradicional, incluíndo a posible existencia dunha servidume, ante o tempo transcorrido sen resposta ás persoas afectadas". "O que pedimos é claridade, seguridade xurídica e unha resposta ás persoas que levan case tres anos agardando" concluíu.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga