Conflito entre administracións
Guinarte esixe "menos confrontación e máis acordo" entre Xunta e Raxoi sobre o mantemento da Sionlla
Os socialistas piden "actuacións inmediatas" para atallar a deterioración dos espazos públicos do polígono industrial

Vehículos estacionados nunha rúa do polígono da Sionlla, en Santiago / Jesús Prieto

O PSdeG-PSOE de Santiago amosou este luns a súa preocupación ante a parálise administrativa e o estado de progresiva deterioración que sofre o polígono industrial da Sionlla. O voceiro socialista en Raxoi, Sindo Guinarte, reclamou "menos confrontación e máis acordo" entre os gobernos municipal e autonómico para darlle prioridade ao mantemento dunha área que cualificou de "clave" para o tecido produtivo da cidade.
Tras a información publicada por este diario o pasado sábado, na que se sinalaba que o polígono precisa un investimento de 833.000 euros para reparar desperfectos e na que se reflexaban as discrepancias entre San Caetano e Raxoi sobre quen debe asumir o custe, Guinarte cualificou a situación actual de "insostible". Así, amosou a "preocupación" do seu grupo polo estado dos espazos públicos do polígono e demandou "actuacións inmediatas para poñerlle remedio".
O voceiro socialista, lembrou que a falta de mantemento básico está a derivar en graves problemas de alumeado e "desperfectos" na vía pública que "danan a competitividade" da zona e "xeran unha clara sensación de abandono e inseguridade impropia dun espazo estratéxico para o tecido económico de Santiago", lamentou.
En risco a creación da entidade de conservación
O PSOE preguntou no pleno de febreiro en que punto se atopaba o procedemento para constituír a entidade de conservación, ao que Raxoi respondeu que seguía avanzando, pendente unicamente dun informe de sostibilidade orzamentaria. Porén, o voceiro socialista apuntou que a información publicada por este diario sobre o enfrontamento entre administracións polos custes de mantemento pendentes desde 2022, data na que Xestur deixou de informalos, "son moi preocupantes". Como consecuencia, "a creación da entidade de conservación está cada vez máis bloqueada, está cada vez máis lonxe, e o conflito ameaza con acabar nos tribunais", advertiu.
Por todo isto, dende o grupo socialista indican que "a situación non pode seguir así", e aseguran que "o que fai falta é menos confrontación, menos cartas e correos de ida e volta e máis vontade real de acordo", poñendo o foco na necesidade de "aclarar responsabilidades" para actuar de inmediato sobre os desperfectos máis graves e "poñer en marcha dunha vez a entidade que debe garantir o mantemento e a modernización deste polígono".
Máis alá dun conflito administrativo
Para o socialista, o estado do polígono vai máis alá dun conflito administrativo, afectando directamente á "imaxe que proxecta Santiago". "Estamos a falar da seguridade, do funcionamento dunha área empresarial clave e, sobre todo, do apoio que merecen as empresas e as persoas que traballan na Sionlla", concluíu Guinarte.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival