Máis de 400 alumnos de Santiago participan no programa da USC para fomentar vocacións científicas entre nenas
O programa 'Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ chegou na súa XI edición a nove colexios composteláns e a máis de 7.000 estudantes de toda Galicia de maneira virtual

Momento dun dos obradoiros da XI edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ da USC. / USC
L.R.
Arredor de 8.000 estudantes de primaria de colexios de toda Galicia participaron no programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ que a Universidade de Santiago (USC) puxo en marcha hai 11 anos coa fin de incentivar a vocación científica das rapazas e visibilizar enxeñeiras e científicas para crear referentes femininos.
No programa desta décimo primeira edición, que se desenvolveu entre os meses de febreiro e abril, participaron de maneira presencial nove colexios de Santiago -Mestre Rodríguez Xixirei, Cardeal Quiroga Palacios, Pío XII, Ramón Cabanillas, Vite, López Ferreiro, Lamas de Abade, Apóstolo Santiago e Roxos- e máis de 400 alumnos e alumnas, e de xeito virtual o impacto foi en 116 centros de toda Galicia chegando a preto de 7.300 rapaces e rapazas.
Organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago, a iniciativa busca incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), coa realización de obradoiros didácticos destinados ao alumnado de 4º de primaria en colexios públicos. Estiveron coordinados por Ana Isabel Gómez Varela e impartidos por profesoras investigadoras da USC de diferentes áreas (Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Computación, Enxeñería Química, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica, Óptica) e investigadoras do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
A actual reitora da USC, Rosa Crujeiras, que naquel momento non ocupaba ese cargo, estivera no colexio Pío XII o día de reflexión previo ás votacións do 12 de marzo, realizando un obradoiro de probabilidade.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»