Intervencións
O Consorcio de Santiago publica a licitación das obras no Panteón de Galegos Ilustres e no Pazo de Raxoi
As actuacións inclúen a restauración na nave de acceso e a capela que alberga o sepulcro de Castelao

Tumba na que reposan os restos de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres. / Jesús Prieto
K.M.
O Consorcio de Santiago ven de publicar dúas novas licitacións na Plataforma de Contratación do Sector Público, en concreto as referentes á execución de intervencións no conxunto de Santo Domingo de Bonaval e no Pazo de Raxoi, dous ben de elevado valor patrimonial en Santiago.
A actuación no conxunto de Santo Domingo de Bonaval céntrase na obra de restauración da nave de acceso ao Panteón de Galegas e Galegos Ilustres e na capela que alberga o sepulcro de Castelao. Preténdese levar a cabo unha restauración integral actuando sobre as patoloxías detectadas, fundamentalmente humidades, filtracións e deterioro de revestimentos e pinturas murais que afecta á nave de acceso e á capela.
Protección dos valores patrimoniais
O obxectivo é qu se recuperen as condicións de conservación do espazo e se garanta a protección dos seus valores patrimonias e artísticos. O orzamento base de licitación con IVE ascende a 122.829,34 euros, e o prazo de presentación de ofertas para esta licitación remata o 11 de maio.
A licitación da obra prevista no Pazo de Raxoi ten un orzamento base con IVE de 617.856,76 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o 18 de maio.
Neste caso, a intervención busca mellorar a eficiencia enerxética da fachada norte, mellorando o comportamento térmico da envolvente do inmoble e contempla a corrección das patoloxías detectadas en relación co envellecemento dos materiais e a acción de factores ambientais que provocan problemas de humidades, filtracións e deficiencias de estanqueidade.
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Así es la terraza más desconocida de Santiago: un oasis secreto para desayunar entre árboles centenarios
- Crónica social compostelana | Alicia Molanes y Jorge Mirás ya son padres primerizos
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Emotiva despedida en el Peleteiro: más de 150 alumnos ponen fin a su etapa en Bachillerato
- Llegan las fiestas 'más picheleiras': este es el programa completo de la Ascensión 2026
- O Son do Camiño ya tiene horarios: así queda el festival
- Un hombre recibe una paliza de tres individuos a plena luz del día en el barrio de la Almáciga