Denuncia "falta de transparencia"
Abal esixe a Raxoi que negocie coa oposición o destino de 5 millóns da venda de parcelas municipais
A concelleira critica que o Goberno local "gardase silencio" ante as preguntas formuladas polos socialistas sobre o destino destes fondos

Parcela de Tras Paxonal que foi vendida polo Concello de Santiago / ECG
A concelleira do PSdeG-PSOE, Marta Abal, reclamou ao Goberno local que abra un proceso de negociación cos grupos políticos da Corporación para decidir o destino dos máis de 5 millóns de euros procedentes da venda de parcelas de titularidade municipal, e denunciou a "falta de transparencia" do executivo local neste asunto.
Abal explicou que a Xunta de Goberno Local acordou o pasado 1 de abril a venda dunha parcela na rúa Sociedade Deportiva Compostela por case 3 millóns de euros, operación que se suma á venda doutras dúas parcelas aprobadas a finais de 2025 na rúa Agustín Seco. En total, sinalou, "estamos a falar de máis de 5 millóns de euros procedentes da venda de patrimonio público municipal, que é propiedade de todas as santiaguesas e santiagueses".

Marta Abal, no Pazo de Raxoi / Cedida
A concelleira advertiu de que estes ingresos estaban inicialmente vinculados a gastos concretos no orzamento de 2025, pero ao non terse materializado nese exercicio, "esa afectación decae" e o Goberno municipal "non queda vinculado ao destino previsto inicialmente". Neste sentido, subliñou que o executivo dispón agora de "marxe discrecional" para decidir o destino destes fondos mediante modificacións orzamentarias, o que, ao seu xuízo, "obriga a actuar con responsabilidade política, transparencia institucional e diálogo".
Definir as prioridades
Abal considerou que a decisión non debe ser unilateral e reclamou abrir un proceso de diálogo "para acadar un acordo maioritario sobre as prioridades de investimento da cidade".Tamén criticou que Raxoi "gardase silencio" ante as preguntas formuladas polo Grupo Socialista sobre o destino destes fondos, denunciando que "a falta de respostas confirma a falta de transparencia".
A concelleira insistiu en que "non podemos ter recursos ociosos no banco mentres existen múltiples necesidades de investimento en Santiago". Por iso, levará unha proposición ao pleno solicitando que se abra esa negociación. "O Goberno debe actuar con responsabilidade, transparencia e vontade de acordo", concluíu.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago