MÚSICA
Xan Campos: «Escoitei o disco de Faia que regaloume Hevi e... vino moi claro»
Fai un concerto este mércores no Principal con Faia Díaz, Virxilio da Silva e Iago Fernández para estrear un álbum chamado ‘Amorodios’

Faia Díaz, Iago Fernández, Xan Campos e Virxilio da Silva. / Alexandra Côrte-Rea

Xan Campos (piano e sintetizadores) vai actuar este mércores, 22 de abril, en Santiago, con Faia Díaz (voz e pandeireta), Virxilio da Silva (baixo e guitarra) e Iago Fernández (batería).
Conciertos
Xuntos no Teatro Principal (ciclo Fiestra Aberta: 20:30 horas; entradas a 12 euros), presentan un disco chamado "Amorodios", con augas de jazz e música tradicional galega. E Xan Campos (Cangas, 1987) e a súa banda teñen outras datas na axenda: o 29 de abril en A Coruña (Jazz Filloa; 21:30 h.) e o 30 en Cangas (Auditorio Municipal, 20 h.).
Unha voz de Santiago
Nunha carreira feita ata agora de discos instrumentais, como da coa voz picheleira de Faia Díaz?
A verdade é que a cuestión de facer música con voz e con letra xa levaba bastante tempo cocéndose dentro de min pero o feito de que eu non sexa un bo cantante fixou que non me animara antes a facelo... O que me faltaba a nivel de motivación para poder facer un proxecto con voz era unha voz coa cal eu me sentise identificado e, por medio de Hevi (Malandromeda), produtor dos meus últimos discos, coñecín a Faia. Regaloume un disco dela e escoitei ese disco e tamén máis cousas dela e... vino clarísimo. Falei con ela e despois dunhas cantas conversas, animouse...
"A cuestión de facer música con voz e con letra xa levaba bastante tempo cocéndose dentro de min"
Que nomes cal referentes musicais saíron nesas conversas?
Foi máis ben unha cousa de falar do concepto da música e do contido das letras... porque este proxecto ten bastante implicación emocional e un proxecto onde, aparte da colaboración musical, hai tamén unha conexión persoal... Ela, que é quen canta as letras, ten que sentirse identificada coa mensaxe que vai lanzar e ten que estar cómoda.
Hevi, un produtor de Compostela
Xa que nomes non cita, alá vai un... Dulce Pontes? Nalgún tema atopo algunha sintonía con ela.
(Rindo) Pode ser... En realidade, eu escoito moita música diferente, teño moitas influencias pero intentei non limitarme a través de etiquetas ou de intentar buscar unha sonoridade concreta de alguén que nos gustase, penso que desa maneira podemos encontrar algo máis propio e noso, aínda que, as veces, si que, traballando con Hevi, el pedíame referentes, pero funcionou moi ben intentar xerar algo un pouco novo neste disco que, por suposto, pode parecerse a moitas cousas.

Terceiro pola esquerda, Xan Campos, e o resto de integrantes da súa banda. / Alexandra Côrte-Rea
O tema inicial ten coda rock e hai tamén tics de pop...
O dese tema (Flores amarelas) foi cousa de Virxilio, que ten un grupo de jazz rock, Juzz, onde eu tamén participo. A influencia de pop e do rock xa estaba presente en discos anteriores e aquí tamén hai temas onde se escoita máis esa sonoridade máis popeira... Non é o típico disco de jazz. Ás veces hai certas estruturas onde a melodía ten a súa importancia pero tamén fragmentos de moita improvisación jazz...
Que supón actuar no Teatro Principal de Santiago?
Presentar o disco no Principal... é unha pasada! As veces que tiven a oportunidade de tocar neste teatro desfrutei moitísimo. O teatro é moi chulo, sona moi ben, o piano está moi ben e estou moi ilusionado. Penso que haberá un ambiente moi chulo, sempre haino nunha cidade como Compostela, tan cultural.
"Gústame Saramago é unha influencia na miña música e tamén nas miñas letras"
Esta é a semana do Día do Libro, un par de recomendacións?
De novo, gustábame moito a novela negra de Patricia Highsmith pero nos últimos anos, sen dúbida, Saramago é o autor que máis lei e é unha influencia na miña música e tamén nas miñas letras.
Resto do ciclo
No resto do ciclo Fiestra Aberta, organizado polo Concello de Santiago, o domingo 3 de maio, ás 20.30 h, no Teatro Principal, hai un concerto de Pablo Sanmamed, que presentará "A estrela mostrada", un proxecto que retoma o diálogo entre música antiga e jazz contemporáneo, inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións medievais. E o ciclo pecharase o venres 29 de maio, ás 20.30 h, no Principal, con Traspielas, proxecto da cantautora Su Garrido Pombo, proposta multidisciplinar xunto a Macarena Montesinos, Iago Ramilo, Marco Maril e Fran Rodríguez Casal.
- Primer AVE ‘directo’ de Santiago a Madrid sin paradas intermedias en Castilla y León
- Luto en el CHUS y en la Universidad de Santiago por la muerte de la conocida doctora Chelo Astorgano
- Santiago estrena terraza secreta: un oasis de paz junto al río Sarela para desconectar al atardecer
- Los dueños de fincas en el Ensanche Norte pueden renunciar a la expropiación a cambio de participar en el desarrollo urbanístico de la zona
- Cincuenta estudiantes son reconocidos por su esfuerzo académico en la residencia Almirante Martorell de Santiago
- Siete operarios y una semana de trabajo para montar la noria de la Ascensión en Santiago: 'Es una de las más grandes de Europa
- Santiago reconstruida en digital: la ciudad que vuelve a existir en 3D
- La Guardia Civil investiga a dos personas por el uso fraudulento de una tarjeta de tacógrafo en Santiago