Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Recoñecemento para o hospital Psiquiátrico de Conxo por unha iniciativa pioneira

O plan ‘Barraca XXI’, desenvolvido na Área Sanitaria de Santiago, triunfa na cuarta edición do Certame Mellores proxectos de Humanización

María Pico, Isabel Campos, María Pais, Estefanía Castiñeiras e Lucía Recarey.

María Pico, Isabel Campos, María Pais, Estefanía Castiñeiras e Lucía Recarey. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O proxecto Barraca XXI, desenvolvido no hospital Psiquiátrico de Conxo, da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, foi o gañador, na categoría de Participación no proceso de atención, do IV Certame Mellores proxectos de Humanización convocado pola Fundación Humans. O acto de entrega tivo lugar en Madrid e acudiron as terapeutas ocupacionais Estefanía Castiñeira, Lucía Recarey e María Pais, acompañadas pola supervisora de Área, María Pico e a directora de Enfermería da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Isabel Campos.

O Hospital Psiquiátrico de Conxo desenvolveu entre abril de 2024 e decembro de 2025 o programa Barraca XXI, unha iniciativa pioneira que combina creatividade artística e intervención terapéutica co obxectivo de mellorar a calidade asistencial das persoas con trastorno mental grave.

Este proxecto, realizado en colaboración coa Fundación SGAE no marco do seu 125 aniversario, apostou por incorporar disciplinas como o teatro, a música e a creación audiovisual ao ámbito hospitalario, favorecendo a participación activa das persoas usuarias e promovendo un modelo de atención máis humano, inclusivo e centrado na persoa.

Máis de 200 candidaturas

Segundo subliña a propia fundación, á cuarta edición do Certame Mellores Proxectos de Humanización presentáronse máis de 200 candidaturas de entidades sanitarias, asociacións de pacientes, fundacións, universidades e profesionais de toda España. «Este ano, a presenza internacional foi considerable, contando con proxectos de Colombia, Arxentina e República Dominicana, entre outros países», indicaron dende a fundación.

María Pais agradeceu na súa intervención o traballo de todos os que participaron no proxecto que xurdiu «da necesidade de atopar un xeito de coidado que devolvese o desexo fronte a apatía, o encontro como resposta á soidade e á marxinación».

O programa Barraca XXI naceu coa finalidade de transformar os espazos e dinámicas tradicionais da atención psiquiátrica, introducindo prácticas artísticas como ferramentas terapéuticas. A través de talleres creativos impartidos por profesionais do ámbito cultural en colaboración co equipo sanitario, buscouse estimular as capacidades cognitivas, emocionais e sociais das persoas participantes.

Tracking Pixel Contents