Mexillón de Galicia entra nas aulas para fomentar unha alimentación saudable
Impulsa un programa entre escolares para dar a coñecer o bivalvo con charlas, menús e concursos

A xornada permitiu aos alumnos e alumnas coñecer de preto o ciclo de produción do mexillón. / X. G.
Mexillón de Galicia dá un paso máis na súa estratexia de promoción e entra directamente nas aulas para conectar co consumidor do futuro. A Denominación de Orixe Protexida (DOP) impulsa un programa en centros educativos de toda Galicia co obxectivo de fomentar hábitos de alimentación saudables e achegar aos escolares a realidade dun dos sectores clave da economía galega.
A iniciativa tivo a súa primeira parada no colexio A Milagrosa de Santiago, cun menú de fideos con Mexillón de Galicia.
Charlas dinámicas, menús escolares elaborados con Mexillón de Galicia e actividades participativas como concursos e sorteos forman parte dun programa deseñado para captar a atención dos máis novos e poñer en valor un produto recoñecido polas súas excelentes calidades nutricionais.
Máis aló da vertente alimentaria, a acción busca tamén trasladar ao alumnado a importancia social e económica do sector mexilloeiro en Galicia, líder europeo en produción, e reforzar o vínculo entre produto, territorio e calidade diferenciada. Con esta iniciativa, a DOP non só aposta pola educación alimentaria desde idades temperás, senón que consolida o seu posicionamento como referente de calidade e orixe ante unha nova xeración de consumidores cada vez máis consciente do que come.
Dentro desta iniciativa, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, visitou onte o CPR Plurilingüe La Milagrosa de Santiago para participar na xornada Mexillón de Galicia nas aulas.
Durante o encontro, Rosón destacou a importancia de educar ás novas xeracións no consumo de produtos locais e sustentables. A acción enmárcase no convenio de colaboración subscrito este ano entre a Consellería do Mar e a DOP, unha alianza estratéxica que busca non só promocionar o consumo de mexillón, senón tamén divulgar o rigoroso proceso de control e certificación que garante a súa excelencia.
A xornada permitiu aos alumnos e alumnas coñecer de preto o ciclo de produción do mexillón e a súa relevancia como motor económico das rías galegas. O director xeral subliñou que este tipo de iniciativas son fundamentais para consolidar a dieta atlántica nas idades temperás e para que a mocidade recoñeza o esforzo dos profesionais do sector bateeiro, asegurando así a remuda xeracional tamén no consumo.
Con esta visita, a Xunta «reafirma o seu compromiso coa promoción dos produtos do mar e o apoio ás denominacións de calidade que sitúan a Galicia como un referente internacional na produción acuícola», indicaron.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora