Promoción turística
Raxoi busca en Reus atraer novas rutas aéreas para Lavacolla
Turismo de Santiago participou nunha xornada que ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional
A Concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, participaron os días 28 e 29 de abril nas V Xornadas de conectividade aérea, organizadas conxuntamente por Turespaña e Aena en Reus. O evento diríxese exclusivamente aos destinos turísticos do conxunto do Estado, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento da conectividade aérea internacional e coordinar as mensaxes fundamentais de forma unificada e eficaz.
Míriam Louzao e Flavia Ramil mantiveron reunións con diferentes compañías aéreas coa intención de intensificar a relación con elas e estudar novas posibilidades, tanto con aquelas que xa operan no Rosalía de Castro, como outras que poderían operar, co obxectivo de mellorar a conectividade no aeroporto de cara ao Ano Santo.
Ademais destas reunións presenciais con compañías, na xornada a concelleira de Turismo tamén aistiu a presentacións e mesas redondas de debate que permiten coñecer directamente a opinión de profesionais do sector sobre o estado actual do mercado aeronaútico e as previsións a curto e medio prazo.
Captación de rutas
Coa participación nesta xornada, Turismo de Santiago continúa coa súa estratexia de promoción do aeroporto de Santiago como porta de entrada do turismo na cidade, sumándose aos máis de 800 correos electrónicos que se intercambiaron con múltiples compañías desde setembro de 2025.
Raxoi destaca que a finais de maio, tras a reapertura do aeroporto pechado por mor das obras, o Rosalía de Castro contará coa súa maior oferta internacional até o momento, con 17 rutas internacionais, entre as que figuran Nova York, Amsterdam, Corkou Marrakech.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
