Ofrenda floral
As edís non adscritas honran por segundo ano a Pablo Iglesias
As concelleiras expulsadas do PSOE reivindican «a coherencia e a lealdade» propia e a do fundador do partido

Rosón, Álvarez, Muíños e Castro antes a estatua de Pablo Iglesias
As edís non adscritas de Santiago tamén se manteñen «fieis ás citas simbólicas que realizaban antes da súa expulsión do PSOE». E unha delas é a ofrenda floral ante a escultura do socialista Pablo Iglesias (na avenida de Castelao), unha honra que lle dedican por segundo ano, unha vez fóra da bancada socialista.
Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez aproveitaron este acto na mañá do 1 de maio para reivindicar ante a figura fundacional do Partido Socialista «coherencia, lealdade e compromiso» con Compostela «e cos nosos principios e valores».
«Nun acto simbólico que ten máis forza no contexto da moción de censura en Lugo», a edil Mercedes Rosón declarou que «nestes tempos convulsos, é unha sorte ser conscientes de quen somos e do que representamos» e aproveitou para destacar a actitude de «coherencia» das non adscritas. «Así o fixemos e sempre así seguiremos».
Rosón puxo en valor a política de oposición «útil, construtiva e centrada nos problemas reais da veciñanza» e puxo como exemplo as catro proposicións que levaron ao pleno do xoves sendo todas aprobadas pola maioría da Corporación local. «Os valores e a traxectoria de Pablo Iglesias son un espello no que vernos como servidoras públicas, estando a pé de rúa e conectadas co que lle preocupa á cidadanía».
A edil fixo referencia á sobrecarga da Atención Primaria os sábados pola mañá pola reorganización do Sergas «que deriva toda a presión asistencial ao Punto de Atención Continuada de Santiago -PAC- polo peche dos centros de saúde ou a situación de parálise de dúas obras no rural de Compostela -a senda de Figueiras e a ampliación da estrada entre Santiago e Val do Dubra á altura da Peregrina-».
En relación aos proposicións levadas ao pleno do pasado xoves en Raxoi a edil falou tamén da situación de abandono e falta de mantemento e seguridade do antigo vertedoiro de Aríns e ás actuacións en materia de accesibilidade no ámbito da Praza de Ultreia. «Todos», insiste Rosón, «problemas reais que importan ás veciñas e veciños e que comulgan coa idea de benestar, de solidariedade e de xustiza social que inspira a figura de Iglesias».
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»