Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TEATRO

Helena Salgueiro: «O teatro universitario é o berce da nosa cultura»

A aula teatral da Universidade da Coruña (UDC) representa este mércores en Santiago ‘Encrobas 77: a precuela’, dirixida por Helena Salgueiro (20:30 h., Salón Teatro, gratis) na Mostra de Teatro Universitario de Galicia. E este martes, o grupo da USC, El Enredo presenta ‘Catarse’, de Andrew F. Pardo e Noelia Miguéns

Lydia Prada e Lucía Casal en  ‘Encrobas 77: a precuela’.

Lydia Prada e Lucía Casal en ‘Encrobas 77: a precuela’. / Iván Mourente

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Nunha viaxe ata 1977 para falar dun grupo de veciñas das Encrobas (Cerceda) que fixeron unha revolta popular, está a semente da aula teatral da Universidade da Coruña (UDC) para facer "Encrobas 77: a precuela", obra de dirixida por Helena Salgueiro que chega este mércores a Santiago (20:30 h. no Salón Teatro, entrada libre) na Mostra de Teatro Universitario de Galicia. E hoxe mesmo, nese espazo a compañía da USC El Enredo presenta "Catarse", de Andrew F. Pardo e Noelia Miguéns.

«Este tipo de festivais son moi importantes, hai que darlles moito valor porque o teatro universitario e o berce da nosa cultura, hai estaba García Lorca coa Barraca, por exemplo», sinala Helena Salgueiro en conversa con EL CORREO GALLEGO.

"Encrobas 77: a precuela" conta cun elenco formado por Alexandra Rodríguez, Cristina Merino, Goreti Pazos, Irina Casas, Lucía Casal, Lydia Prada, Óscar Blanco, Paco Fuentes, Valentina Lozano e Xulia Castro.

Memoria histórica

«O público axeitado para esta obra pode ser aquel enfocado nas tramas históricas, na memoria histórica e tamén pode as persoas interesadas polo xornalismo porque no conflito franquista tiveron moita importancia as coberturas deses sucesos nos medios, e tamén é unha obra para xente interesada no activismo», engade Salgueiro sobre esa peza dun festival amateur e formativo que as veces fai de chave para o mundo profesional.

Teatro amateur Vs. profesional

«É certo que hai moita xente que agora traballa no teatro profesional e iniciou a súa andaina nas aulas de teatro de Santiago, Ourense ou outras partes, e pola nosa parte, este é un grupo moi heteroxéneo, hai xente que agora mesmo se adica á Administración outra que esta estudando Dereito, outra estuda Psicoloxía, hai moitos perfís e aínda que buscamos a profesionalidade no resultado final hai que ter en conta ata que punto hai que ser profesional para facer bo teatro», comenta sobre o traballo da aula teatral da Universidade da Coruña (UDC).

«Os recursos inflúen moitísimo no resultado final en cousas como os tempos de ensaio, os elementos materiais e o tempo que lle podes adicar á obra, e mesmo no teatro amador ou universitario, tamén pódese traballar cunha actitude profesional, o punto de vista desde o que traballamos nós», remata Helena Salgueiro, dramaturga, poeta, actriz e directora artística da compañía Columna Balteira.

Tracking Pixel Contents