Mobilidade
Nova glorieta en Fontiñas entre as rúas Londres, Lisboa e Dublín

A superficie de intervención abrangue a calzada, as beirarrúas e o carril bici / cedida
Segundo comunicou Raxoi, a xunta de goberno deste luns aprobou o proxecto para crear unha glorieta na intersección das rúas de Londres, Lisboa e Dublín, no barrio das Fontiñas, coa finalidade de mellorar a funcionalidade da intersección, resolver os problemas no «fluxo de tránsito rodado e peonil, e incorporar melloras na accesibilidade e na drenaxe superficial».
A superficie de intervención abrangue a zona da calzada, as beirarrúas, as medianeiras e o trazado do carril bici, «afectando á configuración completa do espazo público neste punto, que se transforma da actual intersección regulada cun sinal de stop nunha glorieta de pequeno radio».
O proxecto incorpora os criterios de deseño universal na configuración dos espazos públicos urbanizados, en particular os parámetros relativos a itinerarios peonís accesibles, execución de pasaxes, pavimentos podotáctiles, continuidade dos percorridos e eliminación de barreiras arquitectónicas. «Para garantir e mellorar a iluminación, instalarase unha nova columna na da glorieta». O orzamento base de licitación sitúase en 140.000 euros e o prazo de execución en 3 meses.
Educacompostela
A xunta de goberno local celebrada este luns tamén lle deu o visto e prace ás bases para a XVII edición dos Premios Educacompostela. «Por primeira vez na historia destes recoñecementos, increméntase a súa dotación económica». En concreto, os premios soben 300 euros en cada categoría, de xeito que se establece una recompensa de 1.500 para o primeiro premio, 1.200 para o segundo e 900 para o terceiro.
Estes premios, que organiza o departamento de Educación co asesoramento pedagóxico de Nova Escola Galega, naceron co fin de «recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais didácticos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica».
Os materiais didácticos que se presenten poderán estar dirixidos aos diferentes niveis do ensino non universitario (educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional) ou aos diferentes contextos de acción socioeducativa. Son requisitos que estean integramente redactados en galego, que correspondan aos últimos cinco anos, que sexan orixinais e non premiados con anterioridade e que fosen aplicados, tamén na nosa lingua.
O prazo para presentar traballos comezará coa publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e rematará o 18 de setembro de 2026, e terán que entregarse ou dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago. n
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago