Doña Camiseta e a Obra Social Pediatría do CHUS na campaña de maio

Imaxe de presentación da campaña de maio / cedida
A concelleira de Servizos Sociais, María Rozas, presentou este martes a nova campaña 12 comercios, 12 sensibilidades e puxo en valor o traballo da Obra Social Pediatría, «impulsada hai xa 8 anos polo propio servizo de Pediatría do CHUS para promover a investigación, mellorar a atención sanitaria aos nenos e nenas desde unha perspectiva humanizadora». Aínda que a obra social xa participara outras veces na campaña, desta volta faino da man do establecemento Doña Camiseta.
Do local a concelleira destacou «a súa longuísima traxectoria, que demostra que é posible que o pequeno comercio lle faga fronte á competencia das grandes cadeas e da venda en liña», poñendo en valor o comercio de proximidade «e a atención personalizada. Non hai un veciño de Santiago que non coñeza esta tenda, que para moitos de nós está ligada a recordos de momentos especiais das nosas vidas».
Rozas agradeceu o compromiso dos do CHUS «para mellorar a estancia dos nenos hospitalizados e facer máis levadeiro o día a día de moitas familias nos seus momentos máis complicados». Federico Martinón (catedrático da USC) agradeceu ao Concello a iniciativa, e puxo en valor que esta campaña «cree sinerxías entre as boas vontades de tanta xente, e permita dar a coñecer o traballo da Obra Social de Pediatría en situacións de máxima vulnerabilidade».
Ao longo de todo o mes, Doña Camiseta acollerá unha mesa solidaria na que divulgará a actividade de Obra Social Pediatría e porá á venda produtos solidarios en favor da entidade. Tamén haberá unha exposición de debuxos realizados por nenos e nenas hospitalizadas no Clínico, aos que que será posible deixarlles unha mensaxe e un sorriso nun buzón na propia tenda. Ademais, no establecemento haberá dispoñibles varios xogos cos que as persoas que se acheguen á tenda poderán conseguir diferentes agasallos.
Outra das actividades previstas é o obradoiro Superando Medos, que se desenvolverá na Praza de Vigo, o 27 de maio a partir das 18 horas. Como en meses anteriores, haberá tamén un sorteo final do mes entre as persoas que merquen os produtos solidarios en favor da Obra Social Pediatría.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora