Música en galego
Nove proxectos de Santiago optan aos Premios Martín Códax da Música
Nove proxectos de Santiago destacan entre os finalistas da XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, que celebrarán a súa gala o 27 de maio

Nove proxectos de Santiago entre os finalistas dos Premios Martín Códax da Música / Cedida
O panorama musical galego xa ten protagonistas. As Bodegas Martín Códax deron a coñecer os proxectos finalistas que optan a gañar na XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, que terá lugar o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Un total de 48 proxectos foron escollidos por un xurado profesional formado pola pianista e investigadora artística María Domínguez, a artista Blanca Pereira, coñecida como Rumia, o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero, o xornalista Luis Pardo, e a xestora cultural Marta Horjales.
En concreto, na gala outorgaranse 19 galardóns: 15 musicais e 3 Organistrum, adicados á comunicación e difusión musical, aos festivais e as salas de música.
Pola súa parte, o premio honorífico Músicas ao Vivo, destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega, desvelarase nas seguintes semanas.
Cómo votar
Dende este mércores, 7 de maio, o público e os socios de Músicas ao Vivo poderán votar os seus proxectos favoritos a través da web oficial do certame. O voto do público, xunto ao das persoas asociadas, contará cun 50% trala selección do xurado.
Os gañadores daranse a coñecer na gala celebrada o vindeiro 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, que tamén será transmitida pola plataforma agalega.gal e na canle de youtube de Músicas Ao Vivo.
Finalistas Premios Martín Códax da Música 2026
Entre os proxectos finalistas podemos atopar nove composteláns: Urko, na categoría de Metal e Heavy; Antía Muíño e Zeltia Irevire, ambos na categoría de canción de autor; o DJ Kike Varela, na categoría de electrónica; Lumedoloop, na categoría de músicas urbanas; Paco Nogueiras, en música infantil; Unto Vello e Carapaus, na categoría de música tradicional; e a Sala Capitol, que opta ao premio Organistrum na categoría de salas.
Na seguinte lista pódense consultar todos os finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2026 segundo a categoría:
- METAL E HEAVY: Urko, Keepers e Talesien
- CANCIÓN DE AUTOR/A: Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire
- BLUES, FUNK E SOUL: Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata
- ELECTRÓNICA: Galician Army, Kike Varela e Løch
- ROCK E PUNK: Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii
- MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedoloop
- ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula
- MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza
- JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos "Amorodios", María Toro e Manuel Cebrián-punctum
- POP E INDIE: Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha
- MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico
- MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños
- MÚSICA FOLK: Abril, Alana e Guezos
- MÚSICA TRADICIONAL: Unto Vello, Donicelas e Carapaus
- BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova, Banda Da Escola Municipal De Música De Oleiros e Banda De Música Xuvenil De Torroso
- ARTISTA EMERXENTE: Raze, Lula Mora e Apolo18
Premios Organistrum:
- Organistrum COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia En Concierto, A Canle De Rodri Míguez e Fogar dos Festivais
- Organistrum FESTIVAIS: Festival Arteficial, Surfing the Lerez e Festival Alternativo Millo Verde
- Organistrum SALAS: Sala Capitol, La Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!
- El bar de Santiago premiado como uno de los mejores de España: 'Cuando lo montamos nos decían que era una locura
- Una empresa gallega estudia crear una aerolínea con sede en Lavacolla
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El cielo de Santiago se llena de helicópteros militares de las Fuerzas Armadas tras la suspensión del desfile aéreo en Vigo
- Atropello en Rosalía de Castro: dos peregrinas heridas tras perder el control del vehículo un conductor octogenario
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- La heladería artesana que triunfa en el casco histórico abre en Santiago su segundo local con helados sin lactosa
